Presunto favoritismo na obra da rúa Doctor Mosquera de Condide.

Publicado por Redacción en

Con data 07/04/15 solicitouse ao alcalde de Pontecesures, en relación coa obra de reposición de servizos na rúa Doctor Mosquera de Condide, un informe para coñecer o diámetro do tubo de acometida de augas pluviais procedente dun inmoble determinado para cerciorarse se foron colocaron tubos dos mesmos diámetros para todas as vivendas ou houbo algún máis grande o que suporía, nun principio, un caso de favoritismo para algunha vivenda en especial.

Pois ben, pasou máis dun mes e do informe nada sabemos. Porén, xa coñecemos que o diámetro do tubo da acometida da vivenda en cuestión é de 200 mm cando as outras casas levaron, ao parecer, tubos de 110 mm ou de 125 mm como moito.

Non parece razoable o exposto e solicitamos tanto do alcalde como do concelleiro de obras, Ángel Souto Cordo (reside ademais na propia rúa Doctor Mosquera) unha explicación pública sobre se houbo privilexios para algúns. En concreto queremos coñecer se primeiro se colocou na vivenda un tubo de 110 mm e logo foi substituído por un de 200 mm, se foi colocado este último pola empresa adxudicataria da obra ou por persoal do concello e tamén o custo que tivo esta actuación, tanto en materiais como en tempo de traballo, e por quen foi afrontado dito custo.

Luis Ángel Sabariz Rolán
Concelleiro da ACP Pontecesures


1 comentario

O AMANTE BILINJUE · 16-05-2015 a las 21:05

Casualidade, simplemente casualidade………

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.