O goberno local non se atreve a anunciar a obra adxudicada dos pasos de peóns elevados nas rúas centrais.

Publicado por Redacción en

O pasado 12 de maio a Xunta de Goberno Local de Pontecesures adxudicou varias obras de asfaltado e seguridade viaria dentros dos plan financiados pola Deputación Provincial de Pontevedra e onte nos medios anunciase a bombo e platillo, cando quedan poucos días para as eleccións, o comezo inminente dos asfaltados en varias pistas, pero sobre a actuación da elevación dos pasos de peóns nas rúas centrais da vila (Portarraxoi, San Lois e Sagasta), tamén adxudicada o día 12 de maio, non se di nin pío.

O sexa, o goberno local anuncia o inminente «zafarrancho» de asfaltados para tratar de que teñan efecto nas votacións do vindeiro domingo, pero, con evidente intención de que non lle pase factura nas urnas, dos badéns cala. E cala porque a actuación de elevación dos pasos foi tremendamente contestada nas rúa, con presentación de sinaturas en contra da casi totalidade dos comerciantes das rúas, de case 600 veciños, e motivou a celebración dun pleno extraordinario solicitado polos grupos da oposición.

Pero o goberno local fixo caso omiso, impuxo a súa maioría, e despois das eleccións do domingo ten decidido facer a obra.

Deste xeito, faise un chamamento a todos os veciños que están en contra da colocación dos badenes para que o domingo 24 de maio non apoien nas urnas ás listas dos tres grupos partidarios da elevación dos pasos elevados e sí aos que están en contra dos mesmos. Deste xeito aínda pode ser posible frear a actuación.

Pontecesures, 20/05/15

Luis Ángel Sabariz Rolán
Concelleiro da ACP Pontecesures


2 comentarios

con sentido · 20-05-2015 a las 13:01

Non se atreven porque sabe que son máis os que non os queren que os que si. Esto tamén debe ser democracia…. gobernar, facer e desfacer en contra da maioría. Se fora unha obra necesaria anunciábana a bombo e platillo…

Luis Sabariz · 20-05-2015 a las 14:46

Es poco serio, más bien impresentable porque recuerda a otros tiempos ya superados, que una formación política que integra el gobierno municipal, coloque a cuatro días de las elecciones fotocopias de los periódicos anunciado las obras de asfaltado de pistas en los postes del rural por parte de la concejalía de obras de Ángel Souto Cordo.
Pero lo que es de cobardes es que en la nota no se anuncie la adjudicación de los pasos elevados del centro de la villa cuando la actuación fue adjudicada a una empresa, como los asfaltados anunciados, el 12 de mayo de 2015.
¿A quién quieren engañar con estas triquiñuelas?. Lo dicho: el próximo domingo quien esté en contra de los badenes que no vaya a votar a ninguna de las tres formaciones partidarias de colocarlos y sí lo haga por una de las fuerzas políticas que no desean que se coloquen. Es el arma que tenemos, el voto, esperando que otro gobierno realice otra actuación de interés público en lugar de los pasos elevados, reformando el contrato.

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.