«Estes anos recórdanme ?.O aprendiz de bruxo??».

Publicado por Redacción en

Cando Juan Manuel Vidal Seage (Padrón, 1970) asumiu a candidatura á alcaldía, hai agora catro anos, no Partido Popular de Pontecesures abriuse unha nova etapa. O aspirante conservador critica, de feito, o respaldo que o seu antecesor prestou a Maribel Castro, a menos votada de cantos políticos concorreron ás eleccións do 2007, para acadar a alcaldía. «Para nada estou de acordo co que pasou; as eleccións municipais son como a brisca ou o mus, quen leva 31 gaña, pero para dar estabilidade é lóxico pensar que debe gobernar o partido que máis votos obteña».

Iso non quere dicir que o PP de Pontecesures rexeite os pactos. «Tampouco que non existan vinte candidaturas, aínda que aquí o minifundismo político sexa abraiante, porque é lexítimo escoller bandeira, cor, plataforma ou marea para defender os intereses comúns». O que Seage non atura «é as desculpas para facer unha especie de política de aritmética no que os intereses de cada un pesen máis cós intereses de Pontecesures». Ese, o interese colectivo, sostén o candidato, é o principio irrenunciable que o seu partido anteporá a calquera posible acordo.

Polo demais, ao número 1 dos conservadores chámalle a atención o mandato que agora remata. «Estes anos recórdanme aquela película de Disney, O aprendiz de bruxo, no que Mickey Mouse mesturaba de todo nunha pota ata que estoupaba porque non había por onde collelo; aquí tamén se mesturou de todo, dende taxas ata liberacións».

Ollando ao futuro, Seage propón un triplete de medidas de choque. En emprego, con formación e obradoiros que aporten experiencia e formación, «as únicas vías para que a xente atope traballo». Ningunha das dúas, denuncia, tivo desenvolvemento en Cesures nos últimos tempos. En segundo lugar, a potenciación da imaxe de Cesures, á beira do Ulla, na ruta marítima do Mar de Arousa, formando parte do Camiño de Santiago, «sen que os peregrinos aos que lles preguntas saiban dicir se pasaron por Pontecesures ou non». Por último, un estudo serio sobre a posibilidade de devolver o dobre sentido de circulación á rúa que articula o tráfico no casco urbano.

Gran comedor de lamprea -«mellor que as sardiñas polo San Xoán»- o aspirante conservador gusta tamén da aviación. Tanto, que vén de facer un curso para pilotar drons e pensa seriamente en acadar o carné que lle permita voar: «A ver se a familia está de acordo».

«Non estou de acordo co que pasou no 2007; é lóxico que goberne o máis votado»

La Voz de Galicia


4 comentarios

charly · 21-05-2015 a las 18:26

Sr Vidal trouxo vostede os votos esta semana a nosa casa, despois de comentalo
a hora da cena, na miña casa decidimos votar todos por vostede,
primeiro parecenos serio e pensamos que algen, novo lexos de todo este circo, destes catro anos merece unha oportunidade.
si gaña sr Vidal sea merecedor destes catro votos, con tal de que sean honrrados
xa nos basta. un saudo

    con sentido · 22-05-2015 a las 12:31

    Charly, moitos pensamos coma ti, e moita xente me di o mesmo. Temos a oportunidade domingo de acabar co circo mediático no que se convirteu este pobo dende fai anos. Necesitamos un goberno estable, non a base de talonarios en forma de soldos e exclusivas mensuais, e xente que busque facer algo por Pontecesures e non unha saída profesional. Cando me trouxeron á casa algúns o voto, pensei en que Pontecesures era unha gran oficina do Inen, e que algúns candidatos viñan a traer o curriculum. quero darlle unha oportunidade a un candidato honrado e comprometido, non un asiento con nómina a tres parados.

manolo o do bombo · 22-05-2015 a las 12:30

Tamem e honrado BARCENAS ,FABRA,RITA BARBERA ,AGUIRRE UNA CUEVA

DE LA………..

    con sentido · 22-05-2015 a las 12:59

    Afortunadamente eses non se presentan en Pontecesures, saquear 300.000? das arcas do concello de forma legal, distribuidos en tres exclusivas cas súas correspondientes nóminas mensuais, e non poder inaugurar unha triste obra en catro anos, para a miña conciencia e roubar. Que non poida levar aos meus fillos á piscina porque subiron a tasa unha barbaridade (qué alguén me axude para dar cifras reais), para min é roubar, que desaparezan festa do churro, ninguneen festa da lamprea, ridiculicen festa do Carme, e convirtan a Pontecesures en un pobo fantasma falto de oportunidades, alegando falta de orzamento, vivindo tres á nosa lombo, é roubar…

    QUE A NAS V?SPERAS DAS ELECCI?NS EST? O POBO CHEO DE MARCIANOS VERDES LIMPANDO CAMI?OS, CUNETAS, ROTONDAS, PARQUES, PISTAS, XARDÍNS QUE NON SE LIMPARON E ARRANXARON EN CATRO ANOS, ESO ? CUSPIRME NA CARA!!! CHAMARME IGNORANTE, VACILARME E TRATARMME COMO MERCADORÍA !!!!!

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.