Preocupación pola obra do Cagaxol.

Publicado por Redacción en

cagaxol1cagaxol2

Pinchar fotografías

Sen proxecto nin licenza municipal se está a realizar unha obra en solo rústico no Cagaxol (Pontecesures) que consiste no movemento de terras e construción dun muro de contención e de peche de terreos. Segundo os datos que se poden obter do Catastro pódense estar ocupando, presumiblemente, terreos municipais do Monte de Porto.

Estes feitos son realmente graves e ninguén entende a pasividade do alcalde ou do concelleiro de obras, Ángel Souto aínda que ocupen os cargos en funcións nestes días. Non pode ser que se estean executando obras de relevancia que poden afectar ademais ao patrimonio de todos e que se deixe pasar o tempo sen actuar.

Polo exposto, instase a que, con toda urxencia, se adopten as medidas urbanísticas que procedan en relación coa obra que se está a executar e, sobre todo, que no caso que se estea a ocupar monte municipal, se utilicen os mecanismos que establece a normativa de bens das entidades locais para recuperar o terreo municipal.

Pontecesures, 02/06/15

Luis Ángel Sabariz Rolán
Concelleiro da ACP en funcións


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.