INTERCAMBIO XUVENIL EUROPEO: IMPLICAD@S POLO CAMBIO.

Publicado por CONCELLO DE PONTECESURES en

IMPLICADOS NO CAMBIO

Intercambio xuvenil europeo: Implicad@s polo cambio

A asociación non lucrativa SUSTINEA oferta a 6 xovenes a posibilidade de participar nun INTERCAMBIO XUVENIL EUROPEO que se vai a celebrar en Muíños (Ourense) do 9 setembro ao 18 setembro 2015, no que participarán 30 xovenes de Francia, Portugal e Galicia-España. Este proxecto englóbase dentro do Programa ERASMUS+.

Os requisitos necesarios para poder participar son ter entre 16 a 30 anos e enviarnos un correo electrónico antes do 31 de Agosto.

O programa ERASMUS+, financia o 100% do Aloxamento, comida e actividades durante os 9 días de intercambio e asigna unha bolsa para gastos de viaxe (segundo normativa do programa europeo).

Os/as participantes deberán acudir a unha reunión preparativa na sede de SUSTINEA, onde se informará de todo o programa, se prepraran as actividades, etc.


Información do Proxecto

O Intercambio xuvenil: Implicad@s polo cambio, é un intercambio de 9 días de duración dirixido a 30 mozos/as de tres países europeos: Francia, Portugal e España.

Este intercambio, busca a socialización e o desenvolvemento integral dos mozos e mozas participantes, a través da participación en distintas actividades ambientais: work shop, visitas didácticas, actividades de ocio, dinámicas de grupo, teatro, debates, video-forum, obradoiros, elaboración de produtos ecolóxicos, etc.

Son moitas as posibilidades de integración que ofrece este Intercambio. Este programa, potencia o seu protagonismo, xa que fomenta a participación directa dos/as mozos/as no desenvolvemento e xestión das actividades, instaurando así unha verdadeira cultura asociativa.

Os obxectivos son:

. Loitar contra o risco de exclusión.

. Permitirlle a cada persoa sentirse pertencer á sociedade.

. Consolidar un lazo social entre os mozos e mozas participantes.

. Crear un espazo de encontro onde intercambiar experiencias sobre as dificultades dos mozos e mozas hoxe en día para inserirse (encontrar un emprego, adquirir a súa autonomía, construír unha vida de familia, etc.), sobre os problemas cando non atopan un traballo.

. Dispoñibilizar os recursos precisos para a empregabilidade no medio rural a colectivos en risco de exclusión social.

. Facilitar información sobre o mercado laboral en empregos relacionados co rural e as posibilidades que este ofrece no momento actual.

. Coñecer alternativas de produción ecolóxicas que permitan o asentamento da poboación no rural.

. Favorecer o coñecemento doutras culturas e o entendemento mutuo compartindo experiencias.

. Compartir experiencias socioculturais de interese e fomentar o diálogo intercultural.


Para máis información e inscrición:

Telf.: 988 782 964

info@sustinea.org

http://www.sustinea.org/?q=content/intercambio-xuvenil-europeo-implicads-polo-cambio
As persoas de Pontecesures interesadas en participar neste intercambio xuvenil, poden facelo directamente a través do e-mail, ou ben na OMIX (Oficina Municipal de Información Xuvenil).

 

Categorías: Sin Categoria

0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.