O ESPECTÁCULO DE NOVO CIRCO ??TOTUM REVOLUTUM? ESTARÁ O M?RCORES 19 DE AGOSTO EN PONTECESURES.

Publicado por CONCELLO DE PONTECESURES en

CARTEL_TOTUM REVOLUTUMweb

A Compañía Pistacatro Productora de Soños trae o vindeiro mércores 19 de agosto o seu espectáculo ??TOTUM REVOLUTUM? a Pontecesures, ás 20.30 horas na Praza dos Valeiros de Porto.

TOTUM REVOLUTUM é unha disparatada viaxe a través das diferentes modalidades de circo, dende os clásicos ós contemporáneos pasando polos rexistros máis de rúa e participativos.

Todo comeza coma un show máis de rúa … pero uns problemas técnicos obrigarán ás nosas personaxes a desenvolverse noutros rexistros dando lugar a unha mostra única de novo circo contemporáneo de rúa e das técnicas acrobáticas.

Esta actuación enmarcase no Programa Cultura no Camiño confinanciado pola AGADIC (Axencia Galega das Industrias Culturais) e o Concello de Pontecesures.

https://www.facebook.com/l.php?u=https%3A%2F%2Fwww.youtube.com%2Fwatch%3Fv%3DDJj2r_4nTd4&h=KAQGjJBQM

 



0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.