Carta aberta de Luis Sabariz.

Publicado por Redacción en

COMO VECINO de Pontecesures quero mostrar a miña estrañeza pola nota feita pública polo Concello de Pontecesures solicitando fotografías antigas aos seus veciños para celebrar no próximo mes de outubro os noventa anos de vida que ten este concello.
Todos lembramos, eu máis porque era concelleiro daquela na Corporación municipal, como o goberno de 20011/2015 solicitou aos veciños que se facilitasen fotografías a unha asociación de Vilagarcía de Arousa que foron devoltas aos propietarios unha vez escaneadas e cumpridas a súas funcións. Estas fotografías foron expostas logo en varios actos organizados polo Concello de Pontecesures mercé á colaboración da devandita asociación (actos de Nadal, Festa da Lamprea, festas patronais, etc..).
Con todo o material fotográfico recollido xa en 2011 e 2012, ninguén entende a que ven pedir outra vez as fotos orixinais aos veciños. Evidentementemente pode que haxa aínda fotos de interese que non foron achegadas no seu día, pero a maior parte xa foron escaneadas naqueles anos.
Dende esta tribuna quero preguntar á alcaldesa de Pontecesures, Cecilia Tarela, que daquela ocupaba unha tenencia de alcaldía, onde se atopa o material fotográfico escaneado e recolllido en 2011 e 2012, si este é de titularidade do concello e si se vai utilizar en outubro no noventa aniversario do municipio.
Non sabemos se o material é da asociación de Vilagarcía de Arousa, pero se é así, tamén quero preguntarlle que convenios ou acordos houbo con esa entidade cultural en canto ás fotografías que procederon deste concello; que xestións se van a realizar para recuperar as imaxes e que responsabilidades teñen os membros da Corporación que permitiron estas prácticas, pois resulta moi triste que a reproducción duns documentos importantes da historia do noso pobo non estean en poder da institución municipal.

Tribuna Libre
El Correo Gallego


6 comentarios

Mimá · 23-08-2015 a las 19:34

O caso é queixarse.

    outro · 24-08-2015 a las 17:06

    O caso é queixarse dos que se queixan dunha mala ou inexistente actuación do grupo de goberno municipal.

Luis Sabariz · 23-08-2015 a las 22:27

Que va, o caso e que o concello recupere as imaxes.

Boquerón · 24-08-2015 a las 11:50

Pues tiene razón Sabariz al preguntar por esas fotos que se llevo la asociación de Vilagarcia, pero puede esperar sentado pues el gobierno no va a contestar nada, la oposición tampoco existe y aunque hay que agradecerle al exconcejal su interés resulta decepcionante que tenga que ser el que se preocupe por estos temas, pasotismo general se le va a echar de menos

doctor · 25-08-2015 a las 00:52

Co caso que lle facían antes, imaxinade agora…

pancho · 25-08-2015 a las 10:27

Saen por aqui comentarios que non falan sobre o que di Sabaris non, xa descalifican todo o que veña del, eso e increible pois nesto das fotos ten toda a razon, donde esta o material fotografico? e por certo donde estan os da oposición?

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.