O grupo Algueirada reanuda as clases para este curso.

Publicado por Redacción en

O grupo folclórico cesureño anuncia o comezo das clases para este curso que terán lugar os seguintes días e horas:

-Danza tradicional. Os mércores, a partir das 17:00 horas no ximnasio do CPI Pontecesures.

-Pandeireta. Os venres, a partir das 20 horas no Edificio do Club Xuvenil.

-Gaita. Os venres, a partir das 17 horas no Centro Social.

O grupo, que se está a consolidar ano tras ano, trata de incorporar novos nenos/as para potenciar a cultura galega na vila.

Algueirada celebra en 2016 o seu vinte aniversario e xa se está a estudar algun tipo de acto para celebrar a boa nova esperando contar coa participación dos compoñentes actuais e dos que pertenceron ao colectivo durante todos estes anos.

Pontecesures, 10/09/15

Luis Ángel Sabariz Rolán
Presidente da Asociación Cultural «Algueirada»


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.