¿Por que non utiliza o Concello de Pontecesures a excavadora TAKEUCHI TB125?

Publicado por Redacción en

zanjaTakeuchi-TB125-2

Hai máis dun mes o concello anunciou a adquisición desta máquina que custou 18.634,00 � dos cales 5.590,20 � foron aportados polo concello e 13.043,80 � aportados pola Xunta de Galicia sendo discutida a operatividade e rendibilidade desta máquina de segunda man pola oposición municipal. Pois parece que vai seguir o debate sobre a operatividade (transporte, e manexo da excavadora) xa que hai uns días houbo unha avaría nos servizos na Avda. de Vigo (intersección coa rúa Ullán) e non se entende como foi a máquina dunha empresa privada a que traballou na busca da avaría e non a máquina municipal.


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.