Pontecesures é o concello de Ulla/Umia co menor incremento no Plan Concellos 2016 da Deputación.

Publicado por Redacción en

Segundo os datos facilitados pola Deputación, Caldas recibirá un incremento do 36,50% en relación coos cartos recibidos en 2015, Catoira un 18% máis, Cuntis un 36,30% máis, Moraña un 26,50% máis, Valga un 15,50% máis, Portas un 9,40% máis e Pontecesures un 8,20% máis. En Pontecesures dos fondos de 2015 que foron de 332.262,73 �, vaise pasar a 359.642,10 � en 2016. Valga pasará de 388.859,16 � en 2015 a 449.274,05 � en 2016.

Os concellos poderán determinar a elección dos investimentos e actuacións subvencionables que desexen realizar dentro das catro liñas de axuda coas que vai contar o plan: para investimentos, propios ou cofinanciados con outras administracións; para amortización de créditos bancarios, pagamento de débedas a acredores e pagos de gastos correntes; para actividades culturais, deportivas, sociais, turísticas e actividades medioambientais; e a última das liñas, para a creación de emprego destinado ao funcionamento dos servizos municipais.


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.