«Imos abrir esa negociación, pero de forma sosegada».

Publicado por Redacción en

O PP é, cos seus tres concelleiros, o grupo maioritario na corporación de Pontecesures. O seu voceiro, Juan Vidal Seage, explicaba onte que está disposto a iniciar os contactos con TeGa para conformar un novo goberno, pero quere que ese proceso se leve a cabo «de forma sosegada». «Neste caso, non temos o tempo en contra, imos facer as cousas pouco a pouco e con serenidade», explicaba o de momento líder da oposición.

La Voz de Galicia