Curso de aplicador/manipulador de produtos fitosanitarios en Pontecesures.

Publicado por CONCELLO DE PONTECESURES en

fitosanitario

Debido á nova normativa da Xunta de Galicia en referencia á obriga dos produtores de vexetais, que manexen pragicidas, de estar en posesión do carné de aplicador/manipulador de produtos fitosanitarios (para poder mercar os pragicidas e para poder aplicalos); dende o Concello de Pontecesures estase a traballar para poder realizar un CURSO DE APLICADOR/MANIPULADOR DE PRODUTOS FITOSANITARIOS homologado de 25 horas.

Para levar a cabo este curso é necesario contar cun mínimo de 20 persoas, polo que a partires do día de hoxe ábrese un prazo de preinscrición ata o día 26 de febreiro para que se anoten as persoas interesadas. Logo desta preinscrición convocaráse aos anotados/as para unha charla na que se lles explicarán tódolos detalles referentes á realización do curso:

  • Custo do curso (taxas).
  • Inscrición no rexistro de produtores da Xunta de Galicia.
  • Proba de aptitude ao final do curso (apto / non apto).
  • Datas do curso.
  • Etcâ?¦.

PREINSCRICIÃ?N NAS OFICINAS DO CONCELLO DE PONTECESURES (ATA O VENRES 26 DE FEBREIRO) OU CHAMANDO AO TELÃ?FONO 986 564 410.


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.