A Universidade de Vigo mantén o apoio á Fundación Rosalía.

Publicado por Redacción en

uoa

O reitor de Vigo visitou as salas de exposicións da Casa de Rosalía.

A Casa-Museo de Rosalía de Castro, en A Matanza, no concello de Padrón, recibiu onte a visita do reitor da Universidade de Vigo, Salustiano Mato, que estivo acompañado polo profesor da mesma institución, Henrique Costas, membro designado da UVigo na Fundación Rosalía.

A ámbolos dous deulles a benvida o presidente da entidade rosaliana, Anxo Angueira, ademais de varios membros do Padroado. Durante a súa visita, Salustiano Mato interesouse polos proxectos futuros da fundación, con quen leva colaborado en distintos eidos dende o ano 2013 con motivo do 150 aniversario de Cantares gallegos, e falou da continuidade deste apoio no futuro e de reforzar os vínculos coa institución. Ao longo destes tres anos de colaboración, a Universidade de Vigo participou en proxectos de tecnoloxización, así como no 150 aniversario de Cantares gallegos, cando conxuntamente promovemos unha iniciativa para traducir ao máximo de linguas posibles dous dos poemas máis coñecidos desta obra: Airiños, airiños aires e Adiós ríos, adiós fontes. O proxecto, coordinado polo profesor Henrique Costas, acadou traducións de máis de 30 linguas de todo o mundo, desde o alemán ata o hindi ou o ucraíno.

Os representantes da universidade viguesa percorreron as instalacións renovadas da casa e do museo de Rosalía de Castro, guiados por Anxo Angueira.

La Voz de Galicia


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.