Cecilia Terela: «Nesta moción de censura hai moito interese en ladrillo e formigón»

Publicado por Redacción en

ladri

PP, unha edil independente e un concelleiro de TeGa impulsan unha moción de censura para botar da alcaldía Cecilia Tarela, do BNG. ??? vergoñento como están a levar o tema?, di a rexedora, que confesa que de triunfar a moción ??ireime con tranquilidade e dignidade?.

O PP impulsa unha moción de censura en Pontecesures, con alcaldía do BNG
O 9 de maio, ás 12:00 horas, debaterase no Concello de Pontecesures unha moción de censura que impulsa o PP, co apoio dun concelleiro de TeGa e un edil independente. Cecilia Tarela, alcaldesa do BNG, non amosa sorpresa por unha moción que, recoñece, vía vir desde hai meses.

– En xaneiro, e após abandonar TeGa o ‘tripartito’, vostede afirmaba que habería moción de censura antes do verán. Víao tan claro?

– Xa na ponte de decembro, con TeGa aínda facendo parte do goberno, xa sabiamos que andaban ás voltas, polo que todo o que aconteceu despois non é que nos sorprendese moito. Sorprendeume, iso si, como marcharon do goberno, presentando un papel por rexistro e punto. A día de hoxe aínda non me deu explicacións á cara. E o da moción de censura non sorprende, hai que ter en conta que noutras lexislaturas foron concelleiros do PP [o edil de TeGa e a independente] e volven ao redil.

A moción de censura non sorprende, hai que ter en conta que noutras lexislaturas foron concelleiros do PP [o edil de TeGa e a independente] e volven ao redil
– Que alegan para presentar esta moción de censura, cando vostede non fai nin un ano de goberno?

– A min o que si que me parece moi vergoñento é, en primeiro lugar, a falla de educación, insultándome. O que os promotores da moción alegan é que son unha autoritaria, unha soberbia, que non sei traballar… creo que se retratan eles mesmos. Tamén din que van salvar o Concello. Mais salvalo de que? Nen que estivésemos nunha hecatombe!

– A moción vai ser o 9 de maio. Hai marxe para contactos con algúns dos impulsores para que non saia adiante?

– Eu creo que hai que ter un mínimo de dignidade. Se a moción sae adiante, eu voume con toda a dignidade do mundo. TeGa ten 2 concelleiros, un apoia a moción e outro non, iso xa di bastante. Eu, repito, voume tranquila, sen entrar a xogar a todas esas artimañas.

«Destacaría o que fixemos en ámbitos como o social ou cultural. De feito, deixamos o traballo feito de todo o ano para os que cheguen, para que despois digan que non sabemos xestionar!»
– E que considera vostede que hai detrás desa moción?

– O que se sabe é que van desdobrar a concelleiría de obras en dúas. Unha de obras e infraestruturas e outra de urbanismo. E así darlle unha a cada un dos que apoian o PP nesta moción. Iso semella que é o que interesa. Creo que hai moito interese de ladrillo, formigón e asfalto.

– E que lle din ou transmiten os veciños e veciñas nestes días?

– Está é unha vila pequena e coñecémonos todos. Por iso aquí sabiamos todos que a concelleira independente e o de TeGa non podían nin verse mais agora nisto van da man. Xuraron e perxuraron que non se ían xuntar e agora van e fano. Eu estou estes días recibindo apoios e ánimos dos veciños. Tamén do BNG, tanto na comarca como a nivel nacional. Síntome moi orgullosa de facer parte desta organización

– Só estivo uns poucos meses na alcaldía. Mais se tivese que destacar algo dese período, que sería?

– Eu destacaría o que fixemos en ámbitos como social ou cultural. De feito, deixamos o traballo feito de todo o ano para os que cheguen, para que despois digan que non sabemos xestionar (ri). Tamén quero dicir que pedín hai meses manter xuntanzas con certas administracións, como a Xunta, e aínda sigo esperando. Debe ser que non teño o carné correcto-.

Sermos Galicia


3 comentarios

Xudas · 30-04-2016 a las 20:02

Pésimos gobernantes ten cesures, pero o de Tega é tremendo. Sinto moita vergonza, isto non ten ningún xeito.

manolo o do bombo · 30-04-2016 a las 20:24

.O DE TEGA VAI COS DA FEIRA E BEN COS DO MERCADO,UN TIPO QUE NON PARA EN NINGUN SITIO,ESTA A MATAR CON MARIBEL ,VAIA POR DIOS QUEN NOS VAI A GOBERNAR ,DE CADA CASA O MELLLOR……

Cotelo · 5-05-2016 a las 17:41

Xa esta ben de broma, hai unha mocion de censura e hai maioria dos censurantes, a alcaldesa ten que largarse e punto, tanto choro, tanto rollo, tanta queixa, outros perderon e marcharon antes, e non pasou nada, e a democracia, nin ladrillos, nin disculpas, carretera…, Seage foi o mais votado e nunca gobernou, que lle poden decir, nada, si a alcaldesa perdeu as eleccions, non liderou o grupo no pacto, fracasou no goberno e quedou sen apoios quen lle ten a culpa?

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.