Uxío Benítez e o alcalde de Pontecesures reúnense para analizar actuacións de mobilidade sostible neste concello.

Publicado por Redacción en

A prioridade neste municipio é a urbanización dun tramo da vía Porto-Valeiros de acordo con criterios de seguranza viaria.

visea

O deputado provincial de Mobilidade, Uxío Benítez, reuniuse esta mañá co alcalde de Pontecesures, Juan Manuel Vidal Seage, para coñecer as súas solicitudes e prioridades de actuación nas vías provinciais neste municipio. O deputado provincial aproveitou, ademais, para explicarlle ao rexedor e ao seu equipo os novos parámetros que se aplican desde o seu departamento á hora de acometer as actuacións, tendo sempre en conta factores de seguranza viaria e de mobilidade sostible.

De acordo con estes parámetros, tanto o deputado como o rexedor abordaron a solicitude de urbanización dun tramo da vía Porto-Valeiros (EP-8602). Segundo explicou o rexedor do municipio, esta solicitude xa é unha vella demanda que persegue a humanización do tramo da Avenida dos Namorados. Aínda que desde o concello xa se manexaba un estudo de fai oito anos, na xuntanza desta mañá acordouse analizalo de acordo cos novos parámetros de mobilidade sostible. Unha vez revisado e estruturado na liña dos novos criterios, para o que se estableceu un período de dous meses, os representantes municipais acordaron volver presentar a solicitude para esta actuación.

No marco do plan M�VESE, o Concello de Pontecesures ten solicitadas un total de 4 actuacións. Trátase de solicitudes na liña das medidas de calmado do tráfico segundo os novos parámetros que promove o ente provincial, co obxectivo de mellorar a mobilidade e a seguranza viaria.

Páxina web da Deputación de Pontevedra


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.