Media ducia de padexeiros arousáns inician o Europeo de Maratón de Veteráns.

Publicado por Redacción en

O Campionato de Europa de Maratón arrinca hoxe co seu habitual prolegómeno. O amplo programa das categorías veteráns. Unha cita esta na que a participación de padexeiros arousáns soe ser anecdótica, cando non inexistente, dados os altos custes de competición asociados e tanto a nula colaboración da Real Federación Española de Piragüismo como a falta de visibilidade dos posibles éxitos de deportistas desde os 35 anos en diante sen límite de idade.

A celebración este ano da cita continental en Pontevedra animou pola contra a media ducia de padexeiros do Baixo Ulla e do Salnés a probar sorte. Polo Breogán do Grove o seu director técnico, Miguel Castro, e Rut Otero Triñanes, polo Náutico O Muíño os irmáns José Mario e Roberto Noya Sineiro, polas Torres-Romaría Vikinga Juan Ramón Guillén Rodríguez, e polo Náutico Pontecesures José Ángel Tarrío. As probas individuais celébranse esta mañá, e as dos barcos dobres 24 horas despois.

La Voz de Galicia


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.