O programa das orquestras PALCO DE ESTRELAS-RADIO VALGA 107.9 FM dende hoxe e durante todo verán cambia de novo a súa emisión ós xoves.

Publicado por DANIEL SEIJAS S.L. en

O programa decano das orquestras galegas e das festas Palco de Estrelas,presentado e dirixido polo redondés Daniel Seijas, despois duns meses emitindose os venres, volve de novo ó seu día habitual dos xoves a partires das 20h ata que se faga día (a semana pasada acabou as 8.03 h) cas incesantes chamadas dos ointes festeiros que se comunican dende os diferentes puntos de Galicia (gracias a súa escoitadisima emisión online,a número 1 na súa franxa horaria) e incluso dende outros paises coma Suíza. Ademais da súa emisión dende a casa matriz Radio Valga 107.9 FM ,dende as 20.30h tamén emitirase, como é agora habitual, en cadea para as comarcas de Bergantiños,Terra de Soneira e Costa da Morte a través das emisoras Radio Neria de Corcubión 107.8 FM e Radio Roncudo de Corme 106.1 FM.
Palco de Estrelas sairá ó ar durante todo o verán os xoves, ata aproximadamente mediados de setembro, para voltar a emitir os venres no inverno.En pouco días ademais o programa cumplirá 11 anos consecutivos en antena,sen que nunca houbera «vacacións».

Tamén emisión online a traves de :

http://www.radios.com.br/aovivo/Radio-Valga-107.9-FM/26434

http://www.raddios.com/4322-radio-valga

http://www.radiovalga.net
ou no teu móbil descargando algunha destas 5 app´s : radios.net , raddios,tunein, radiovalga ou radio.es

Categorías: Cultura

0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.