Dornas de toda Arousa homenaxean a Rosalía na IV remontada do río Sar.

Publicado por Redacción en

Organizada pola casa fundación da Matanza, congregou numeroso público // Baixo o lema â??Que inchadiña branca velaâ??, esta actividade lembra esta estrofa da poetisa padronesa.

dornasp

Un grupo de dorneiros no Espolón padronés á chegada da expedición.

Unha ducia de dornas navegaron onte polas augas do río Sar na cuarta edición da remontada en dorna organizada pola Fundación Rosalía de Castro e a A.C. Dorna da Arousa en homenaxe das xentes do mar á poetisa do Sar.
Foi unha tarde de calma podre, cunha navegación máis lenta do habitual debido á escasez de vento. As dornas, procedentes da ría de Arousa saíron da praia fluvial de Vilarello e chegaron ao Espolón acompañadas doutras embarcacións ao longo de todo o percorrido. Polo Sar arriba, as dornas estiveron acompañadas por numeroso público que animou ao grupo de embarcacións tradicionais.
Unhas excelentes condicións meteorolóxicas acompañaron esta actividade, que leva por título Que inchadiña branca vela, lembrando este verso de Rosalía en Cantares gallegos.
As dornas chamabanse Rosalía, Roxiña, Ortelinda, Jalerna, Javiota, Mimela, Zenaida, Maristela, Pancha, Rona, Faísca e Bazarra, procedentes do Grove, Cambados e a Illa de Arousa.
Esta actividade xa está plenamente consolidada en Padrón e congregou numeroso público tanto no Espolón como ao longo de todo o traxecto polo Sar arriba.

El Correo Gallego


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.