Outra homenaxe a Borobó en Pontecesures polo centenario do seu nacemento.

Publicado por Redacción en

cente

Será ás 12 horas do domingo día 28 de agosto na antiga Casa de Lozano (hoxe Casa do Río) para lembrar o Centenario de Borobó e o seu decimoterceiro cabodano.
Haberá unha mesa aberta ao coloquio, coas intervencións, por esta orde, do xornalista Benxamín Vázquez González, do escritor e catedrático de Dereito Penal, Gonzalo Rodríguez Mourullo (compoñente da «Xeneración de La Noche»), do debuxante e presidente do Club de Prensa de Ferrol, Siro López Lorenzo e do xornalista, licenciado en Dereito e Periodismo, Raimundo García Paz, fillo de «Borobó». Moderará o coloquio o presidente da APSC, Luis Menéndez Villalba, e ao peche do acto descobrerase una placa conmemorativa do Centenario na fachada da antiga Casa de Lozano.

Nestes días estase a distribuir un número especial de «La Noche» elaborado pola Imprenta da Deputación Provincial de Pontevedra. Nel reflíctense unha serie de recoñecementos relacionados con esta homenaxe, dándolle as grazas:

-A Maite Tocino Barreiro, impulsora desta homenaxe xunto con Roque Araújo Rey, que deseñou e maquetou este número extraordinario.
-Aos participantes na mesa en memoria do escritor e xornalista.
-Á Casa do Río onde se celebran os actos.
-Á Deputación de Pontevedra, cuxa Escola de Canteiros labrou a lembranza en pedra de Siro, poñendo tamén a disposición a imprenta para tirar o número.
-Á Editorial Compostela pola utilización da cabeceira e reprodución dos «Anacos».
-Á familia de Borobó, polo uso do seu arquivo e pola colaboración prestada.


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.