Recordos da súa vida e obra nunha emotiva homenaxe a Borobó en Boiro.

Publicado por Redacción en

bo

Familiares e amigos lembraron ao mestre de xornalistas nun acto en Boiro.

Raimundo García Domínguez, Borobó, estaba estreitamente vinculado a Boiro e por iso na localidade quixo tributárselle unha sentida homenaxe. O venres, para conmemorar o centenario do seu nacemento, no municipio que o designou fillo adoptivo levouse a cabo un acto na súa honra. Organizado polas asociacións culturais Borobó e Barbantia lembrouse a traxectoria do mestre de xornalistas, dunha persoa que se converteu nunha figura fundamental da cultura galega.

Naceu en Pontecesures, pero o seu cariño polo municipio boirense fixo que se retirase na aldea de Trevonzos para «ver Rianxo», como sinala en Anacos de amor a Rianxo. Estes aspectos, así como outros relativos a súa traxectoria foron lembrados nun acto co que se lle quixo render tributo.

Estudo da súa obra. A profesora Ana Acuña foi a primeira en intervir. Emocionada, fixo memoria dos años nos que Borobó foi o seu mestre e no seu discurso non faltaron palabras de admiración, así como a lectura de fragmentos do seu teatro. «Precisamos un estudo da obra de Borobó», recalcou Acuña.

Tampouco quixo perderse esta cita o presidente da Real Academia Galega, Xesús Alonso Montero, que asistiu tamén en calidade de amigo. «Foi un privilexio para min coñecelo no año 1957 e compartir con el tantas cousas», dixo Montero. Os agradecementos ás asociacións e ao Concello por organizar o acto, as súas palabras na memoria das vivencias que compartiu con Borobó e os logros que alcanzou na súa traxectoria arrincaron os aplausos dos asistentes. Representando ao Concello estivo el alcalde, Juan José Dieste. No faltou tampouco o seu agradecemento ás asociacións, á familia e tamén aos anteriores alcaldes polos labores de divulgación da súa obra no municipio. «Borobó foi un exemplo de humildade e é unha honra para Boiro telo recoñecido como fillo adoptivo», comentou o alcalde. Na primeira fila estiveron sentados os familiares do homenaxeado, aos que a organización agasallou cun retrato do xornalista feito polo escultor Ché Tembra, que foi descuberto polo presidente de Barbantia, Xesús Laíño. Amigos e compañeiros do literario escoitaron e recordaron nun acto cargado de emotividade as vivencias que Borobó deixou no corazón e na memoria de moitos boirenses. Foi una excelente oportunidade para lembrar a un home que loitou pola liberdade, coas verbas e tamén coa súa militancia política, é que constitúe todo un referente cultural.

La Voz de Galicia


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.