Pepo Suevos, pregoeiro: «Agora non bebo alcohol pero teño bebido moita caña».

Publicado por Redacción en

psue

Valga acolle esta fin de semana a súa cita gastronómica do verán, a Festa da Anguía e a Mostra da Caña. E para abrir boca, ademais das tapas e da empanada, o Concello botou man do actor ferrolán Pepo Suevos para dar lectura ao pregón, aínda que xa avanza que moito non vai ler. Será ás nove da noite, mañá sábado, no parque Irmáns Dios Mosquera, e as risas están aseguradas.

-¿Cal é a súa relación coa festa?

-A miña relación, a verdade, é máis ven nula ou escasa. Non tiven ocasión de ir á festa de Valga, normalmente por cuestións de traballo, pero neste caso xúntase traballo e pracer.

-¿E coa caña e a anguía?

-Eu creo que a miña relación coa caña é a de calquera galego, por cuestións xeográficas a caña forma parte da súa vida. Agora por circunstancias non bebo alcohol pero teño bebido moita caña. E coa anguía teño una anécdota moi curiosa. Son un mal pescador pero resulta que o primeiro e o último que conseguín pescar foi unha anguía na zona de Cedeira. Naquela ocasión probeina e, a verdade, e que sóubome a gloria.

-Aínda non ten o pregón pechado pero ¿con que se vai topar o público mañá?

-Son monologuista e cando pon nos carteis «lectura do pregón» eu sempre penso que nunca fun capaz de lelo. Eu «falo á caída», son moi improvisador. De feito nunha ocasión pedíronmo para ver se me metera con alguén e non o tiña. Haberá entón improvisación e teño claro que falarei de feitos da miña infancia e da miña etapa universitaria.

La Voz de Galicia


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.