A AXENCIA GALEGA DE DOAZÃ?NS AGRADECE AO POBO DE PONTECESURES O SEU COMPROMISO SOLIDARIO.

Publicado por CONCELLO DE PONTECESURES en

ADOS

A Axencia de Doazón de �rganos e Sangue -ADOS- remitíu ao Concello de Pontecesures unha comunicación agradecendo aos cesureños/as o seu compromiso solidario coas doazóns. Este escrito, que veu dirixido ao Alcalde de Pontecesures, transcríbese a continuación:

«»Estimado Alcalde,

Desexo transmitirlle, en nome da Axencia Galega de Sangue, �rganos e Tecidos e de toda a sociedade galega, o noso agradecemento pola súa contribución e sincero compromiso co solidario xesto da doazón de sangue, que se materializou coa campaña especial de verán levada a cabo no seu concello, o pasado 18 de agosto.

Durante esta xornada, 55 veciños e veciñas de Pontecesures achegáronse á unidade móbil para realizar unha doazón. De todos eles, puideron doar 51, un deles doaba por primeira vez. Estes excelentes resultados demostran o compromiso solidario, que nos axuda a garantir o desenvolvemento do labor asistencial nos nosos centros hospitalarios e contribúen á creación dunha conciencia solidaria proclive á doazón de sangue.

Eses bos datos continúan na liña de anos pasados. A participación dos veciños e veciñas de Pontecesures en 2015 acadou 193 doazóns de sangue, o que supón 63 doazóns por cada 1.000 habitantes e ano, unha taxa de doazón que está mesmo por riba do que recomenda a Organización Mundial da Saúde para cubrir as necesidades de compoñentes sanguíneos que precisan os hospitais (40 a 60 doazóns por cada 1.000 habitantes e ano).

Unha unidade móbil acude cada tres meses ata o concello de Pontecesures, para facilitar a participación de todos os cidadáns, agardando manter sempre o excelente nivel de participación de todos os seus veciños e veciñas.

Dende a primeira visita da unidade móbil en outubro de 1993 ata hoxe, houbo un total de 4.769 doazóns de sangue realizadas polas 638 persoas censadas como doadores de sangue neste concello. Con estas doazóns, e a modo de exemplo, poderíanse levar a cabo máis de 2.300 intervencións cirúrxicas ou transfundir plaquetas a máis de 800 enfermos de cancro ou leucemia.

Non nos resta máis que pregarlle que faga extensivo a todas as persoas que colaboraron nesta campaña, o noso recoñecemento, en nome de todos aqueles que puideron e poderán superar o seu problema de saúde. O sinxelo xesto de doar sangue permite contribuír á cobertura dunha media diaria de 550 intervencións cirúrxicas, 3.000 urxencias e 3 transplantes de órganos ou tecidos nos hospitais da Comunidade autónoma de Galicia. Unha necesidade de sangue que non deixa de crecer, nunha sociedade cada vez máis envellecida e, á vez, máis necesitada de asistencia sanitaria especializada.»»

Dende o goberno municipal tamén queremos agradecer este «compromiso solidario» e animamos ás veciñas e veciños de Pontecesures a que sigan participando nas campañas de doazón.


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.