Asinado o convenio para levar a cabo melloras de abastecemento e saneamento no concello de Pontecesures.

Publicado por CONCELLO DE PONTECESURES en

image_gallery

A conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Beatriz Mato, asinou un convenio de colaboración neste sentido co alcalde da localidade, Juan Manuel Vidal Seage.


A Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio investirá en Pontecesures un importe de 50.000 euros, para mellorar a situación da rede de abastecemento e saneamento neste municipio da provincia de Pontevedra.

Así se establece no convenio de colaboración asinado pola titular deste departamento autonómico, Beatriz Mato, e o alcalde da localidade, Juan Manuel Vidal Seage.

O obxectivo desta actuación é mellorar o funcionamento do saneamento de Pontecesures e do abastecemento, no relativo á estación de tratamento de augas potables. Deste xeito, melloraranse as condicións de vida dos veciños deste concello, de tal xeito que poidan ter un mellor servizo de saneamento e abastecemento que redunden na calidade das augas do río Ulla e que permitan garantir as necesidades de auga potable, en calidade e cantidade.

O organismo de Augas de Galicia encargarase de contratar e executar as obras, así como de controlar a calidade e seguridade das mesmas.


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.