PREMIO DE XORNALISMO RAIMUNDO GARCÍA DOMÍNGUEZ, BOROB?.

Publicado por CONCELLO DE PONTECESURES en

CARTEL borobo web

 

BASES

O Concello de Pontecesures ??co apoio da Deputación de Pontevedra?? e a Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia convocan o Premio de xornalismo Raimundo García Domínguez, Borobó, coa dupla intención de conmemorar o centenario do nacemento e de homenaxear a figura de quen foi unha das personalidades máis sobranceiras da historia do xornalismo galego contemporáneo, profesión na que cómpre ser recordado como un exemplo polo seu compromiso coa causa da defensa das liberdades cívicas e de expresión. O Premio desenvolverase de acordo coas seguintes bases:

1 Poderanse presentar ao Premio de xornalismo Raimundo García Domínguez, Borobó (en diante, o Premio), os traballos escritos en galego, pertencentes a calquera xénero xornalístico, que foran publicados en medios de comunicación tanto impresos como dixitais. O xurado utilizará como criterio na súa decisión o alcance e difusión dos medios en que fora publicado o traballo.

2 O Premio estará dotado coa cantidade de MIL EUROS e estará suxeito á normativa fiscal vixente no momento da súa entrega.

3 O tema dos traballos que concorran ao Premio versará sobre a figura de Raimundo García Domínguez, Borobó e o seu tempo, na súa faceta de xornalista. 

4 Os traballos deberán estar firmados polo seu autor ou autora, ou con pseudónimo. Neste último caso, a identidade do autor ou autora deberá acreditarse cun certificado da dirección do medio que o publicara. Poderase concorrer ao premio unicamente por iniciativa do autor ou autora.

5 Os traballos que concorran a este galardón deberán ter sido publicados entre o 1 de agosto e o 31 de novembro de 2016. 

6 O prazo límite para la recepción dos traballos será o 5 de decembro de 2016.

7 Os traballos poderán enviarse, a través de correo electrónico, a alcaldia@pontecesures.org ou, por correo postal, ao seguinte enderezo: Premio de xornalismo Raimundo García Domínguez, Borobó. Casa do Concello de Pontecesures. Avda. da Cidade de Vigo, 2. 36640 Pontecesures. Para os efectos de recepción de orixinais, terase en conta, na modalidade de envío postal, a data impresa sobre o selo.

Nos envíos por correo electrónico deberase consignar na caixa do Asunto ??Premio xornalismo Borobó?.

8 Nos envíos postais, os traballos en medios de comunicación impresos presentaranse en páxina completa orixinal do xornal no que se editou, na que se poida ler a data de edición. En folla á parte terán que consignarse os datos persoais e de contacto do autor e mais un breve currículo. Pola súa banda, os traballos aparecidos en medios de comunicación dixitais presentaranse nunha páxina impresa da captura do medio dixital onde foran publicados. Neste último caso, cada traballo deberá acompañarse dun certificado no que a dirección do medio dixital certifique a data de publicación e URL. En folla á parte terán que consignarse os datos persoais e de contacto do autor e mais un breve currículo.

9 Nos envíos a través de correo electrónico incluiranse dous documentos adxuntos. No primeiro, enviarase o traballo en formato pdf (publicación impresa) ou captura (publicación dixital). No segundo documento adxunto (formato pdf), achegaranse os datos persoais e de contacto do autor e mais un breve currículo. No caso dos traballos publicados nun medio dixital, incluirase un terceiro documento adxunto, en formato pdf, no que a dirección do medio no que apareceu o traballo certifique a data da súa publicación e URL.

10 O xurado estará composto por tres persoas, das que unha será asignada polo Concello de Pontecesures, outra pola Secretaría Xeral de Política Lingüística e unha terceira pola Deputación de Pontevedra. O Concello de Pontecesures asignara, así mesmo, unha persoa que actuará como secretaria de actas do xurado, con voz e sen voto. O veredicto será inapelable.

11 O xurado emitirá o seu fallo en decembro de 2016 e o premio será entregado en días posteriores.

12 O Concello de Pontecesures, a Deputación de Pontevedra e a Secretaría Xeral de Política Lingüística resérvanse o dereito de reproducir e publicar o traballo gañador ou cantos se presentaren ao Premio.

13 O xurado resolverá todos aqueles aspectos non contemplados nestas bases que puideran xurdir durante as deliberacións e o proceso de concesión do premio.

14 A participación no certame implica a aceptación destas bases.

Bases PREMIO DE XORNALISMO RAIMUNDO GARCÍA DOMÍNGUEZ, BOROB?.


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.