Ángeles Vázquez supervisa obras de reparación de camiños no rural de Pontecesures dentro do Plan de emerxencias

Publicado por Redacción en

Neste caso vanse investir arredor de 40.000 euros para repoñer o firme e colocar arquetas para as acometidas da rede de abastecemento de augas, entre outras intervencións.

con1con2

A conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, acompañada polo director xeral de Desenvolvemento Rural, Miguel Pérez Dubois, supervisou esta mañá en Pontecesures as obras de reurbanización dos núcleos de Toxa e Carreira, no marco do Plan de emerxencias 2016.

Nesta obra vanse investir arredor de 40.000 euros, que contribuirán a mellorar os desprazamentos dos veciños que residen no lugar e incidir así, positivamente, na súa calidade de vida.

Estas actuacións enmárcanse no Plan de emerxencias, posto en práctica para arranxar camiños, pontes e infraestruturas rurais que sufriron deterioro a consecuencia das condicións climatolóxicas adversas dos pasados invernos e que necesitan ser reparadas. Este plan prevé un investimento total, no conxunto de Galicia, de algo máis de 2,8 millóns de euros.

Neste caso, as actuacións en Pontecesures consistirán na reposición do firme, actualmente moi deteriorado, que se substituirá por un novo pavimento, e na colocación de arquetas para as acometidas da rede de abastecemento de augas, entre outras intervencións. A duración estimada das obras será de arredor de 5 semanas.

Categorías: Sin Categoria

2 comentarios

manolo o do bombo · 3-09-2016 a las 18:34

COMO VE?EN AS VOTACIONS, VAN A FACER UNS PARCHES ,POLAS ALDEAS,POLITICA DE TODA A VIDA DO PP,FACERLLE VER A XENTE QUE SI GOBERNAMOS NOS HAI OBRAS,SENDO DA ALDEA E CON MOITO ORGULLLO NO ME COMPRAN..

Gas · 4-09-2016 a las 00:45

Todo queda entre ladróns e trepas. A foto dio todo. Seguen a tomar á xente como parva, e seguen a ter resultados. Pois asi estamos.

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.