O BNG de Pontecesures informa sobre o premio de xornalismo «Borobó» o sobre os actos do centenario.

Publicado por Redacción en

Bueno, bueno, bueno…. o que hai que ver!!!

Un pouco de xabón e de publicidade, bueno podémolo entender.
Que o noso alcalde é o máis ghuapo, elegante e saleroso, bueno, vale, o que as portavoces dixitais digan.
Pero, mentiras ou verdades a medias, non por favor; e menos por parte dun xornalista, profesión da que se agarda obxetividade e imparcialidade.
Que nos veñan dicindo que o premio xornalístico Borobó, é outra proposta do Concello de Pontecesures é para que a alguén lle caía a cara de vergonza, se a tivese, claro (a vergonza, que cara hai moita)
O Premio Xornalística Raimundo García Domínguez, Borobó é un proxecto do anterior equipo de goberno (http://www.depo.es/-/noticia-a-deputacion-colaborara-co-con�). Foi o anterior equipo de goberno quén solicituou a colaboración da Deputación de Pontevedra, como claramente EXPLICOU o deputado de Cultura, Xosé Leal, no acto do 10 de Xullo. O equipo de goberno de #xentecapasitada (sí, moi capacitada, tanto que daría risa senon fora polo penoso da situación), acordou, tres meses despois de chegar ó goberno, publicar unhas bases sen pes nen cabeza, cun plazo de publicación de chiste. Qué proposta? Que estamos rematando o Centenario e o �NICO que se fixo foi inaugurar unha placa de presa e correndo, nun espectáculo bochornoso no que houbo que apartar a bandeira cun paraugas; no que o público estaba dividido a ambos lados da rúa porque non se pechou ó tráfico; non que se estabas na beirarrúa de enfrente non escoitabas nada; no que o protocolo brillou pola súa ausencia; etc, etc, etc. Podedes adornalo como queirades, poñerlle os coloríns que vos apeteza pero non podedes facer que a xente non o vexa.
O equipo de goberno dou unha imaxe patética no acto celebrado o pasado 28 de Agosto, organizado pola Asociación de Periodistas de Compostela e pola nosa concelleira Maite Tocino Barreiro; acto que, pese a estar organizado por xente non tan capacitada, foi un éxito de asistencia e do que só se escoitaron palabras de agradecemento e parabéns para os organizadores tanto por parte da familia como do público e os participantes na mesa. Cando as cousas se fan con cariño e con profesionalidade, non só pensando no que vai sair nos medios ou na elegancia dos asistentes, tenden a sair ben
Para finalizar, podedes emporcallar o que queirades, as únicas/únicos que quedades en evidencia sodes V�S. A xente do BNG de Pontecesures non temos que recurrir ás maledicencias, a información totalmente sesgada, ós cotilleos, nen ás medias verdades. Para iso estades vós, e chega. Nós temos a conciencia tranquila, somos xente honrada, non recurrimos a extrañas maniobras para seguir quentando o sillón, nen nos aliamos co noso peor enemigo para seguir cobrando a final de mes.
Tamén é certo, que dunha persoa que confunde globos con luces LED con un avistamento OVNI ou que escribe unha crónica na que reses mortas deambulan pola estrada (SIC), non se pode agardar moito. Entendemos que é difícil de crer,por iso vos deixamos o enlace
http://surftitan.blogspot.com.es/â?¦/expediente-ovni-de-lanzaâ?¦
#XornaListos


2 comentarios

manolo o do bombo · 3-09-2016 a las 18:36

A POLITICA DO PP MENTIR,SON ESPERTOS…

Gas · 4-09-2016 a las 00:48

Son as súas costumes, hai que respetalas jjjaja. Que asco todo

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.