A Casa de Rosalía festexa a recepción do valioso arquivo da familia Baltar, con cartas inéditas.

Publicado por Redacción en

rosal

A Casa de Rosalía, no concello padronés, celebrou onte o acto de recepción oficial do arquivo Ramón Baltar Feijóo e Ernesto Baltar Santaló, un fondo documental de primeira magnitude que regresa así a Galicia e a Padrón. Inclúe correspondencia, moita dela inédita, de importantes persoeiros da historia galega, como Rosalía de Castro, Murguía, Castelao, Alfredo Brañas, Pérez Lugín e da Real Academia Galega, entre outros.

O acto contou coa presenza, entre outros, do presidente da Fundación Rosalía de Castro, Anxo Angueira, do alcalde de Padrón, Antonio Fernández, e do conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, quen salientou a «xenerosidade» de Dolores, Jacobo e Ernesto Baltar García-Peñuela -fillos de Ramón Baltar Feijóo- ao depositar estes fondos na fundación e, con elo, que se poidan estudar, difundir e dixitalizar para garantía da súa conservación. A fundación comprometeuse a crear un espazo dentro da Casa de Rosalía para o fondo.

La Voz de Galicia


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.