TRÁFICO DE VEHÍCULOS RESTRINXIDO, NOS VINDEIROS DÍAS, DEBIDO AS OBRAS DE «REURBANIZACI?N DOS N?CLEOS DA TOXA E CARREIRAS».

Publicado por CONCELLO DE PONTECESURES en

cortes-traf-carreiras-toxa

Como consecuencia das obras de ??Reurbanización dos núcleos de Toxa e Carreiras?, comunícase que para levar a cabo as mesmas coa maior prontitude, é imprescindible proceder a cortar o paso de vehículos (excepto residentes) nas zonas que se indican no plano adxunto (A Toxa e Carreiras).

Este corte de tráfico comezará en breve e durará os días necesarios para poder rematar as obras, que intentaremos que sexan os menos posibles. A empresa adxudicataria tamén irá poñéndose en contacto cos titulares das vivendas para minimizar as incomodidades que vaian xurdindo.

Dende o goberno municipal lamentamos as molestias que se poidan ocasionar pola realización destas obras, cuxa finalidade é mellorar o servizo de saneamento e o pavimento dos viais existentes nos referidos núcleos de poboación, e como consecuencia beneficiar aos veciños e veciñas da zona.

Reiteranse as desculpas e agradecese a colaboración da veciñanza.

Plano da zona afectada polas restricións de circulación de vehículos.

Categorías: Sin Categoria

0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.