«O cambio é considerable, a anterior opción partía o pobo».

Publicado por Redacción en

Tras anos reclamando unha variante que desemboque na Nacional 550 e que pase polo concello que o reelixe relixiosamente como rexedor cada vez que toca acudir as urnas, Bello Maneiro móstrase satisfeito coa nova alternativa. De aprobarse definitivamente, achegará a Valga á autoestrada. Un vello anceio que parece a piques de facerse realidade.

-¿� un éxito para Valga?
-Por suposto, tívose en conta a solicitude que se fixo dende o Concello. O cambio é considerable. A anterior alternativa presentada por Fomento dividía o pobo en dous e pasaba a douscentos metros da Casa Consistorial. Esta nova proposta finaliza no punto que propuxeramos, no lugar de Bronllo, ofrecendo un punto de acceso e saída a todos os veciños do municipio.

-Entón, ¿nesta ocasión non haberá alegacións por parte da corporación?
-Correcto. Esperamos que, finalizado o prazo para as alegacións, o proceso siga para adiante e poder ter a variante. Pero sabemos que o proceso será lento. Trátate dun orzamento elevado, 58 millóns de euros, así que a execución vaise desenvolver en varias anualidades.

-¿Teñen datos sobre o tráfico que se xera na N-550?
-Hai distintos datos en distintos puntos do camiño pero, en xeral, as caravanas son diarias e continuas.

-¿Algunha hora punta?
-Depende do día, habendo momentos en que é realmente desesperante. A fin de semana acostuma a ser o momento de máis aglomeración e, especialmente, os domingos debido ao mercado de Padrón. A persoa que teña que ir a Santiago esa mañá…. Coa variante evitaranse esas esperas.

La Voz de Galicia


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.