XVII CARREIRA POPULAR DE PONTECESURES.

Publicado por CONCELLO DE PONTECESURES en

cartel-xvii-carreira-popular-2016web

 

Xoves 8 de decembro de 2016
Praza do Coche de Pedra (Pontecesures)

A partir das 11:30 horas

O Concello de Pontecesures organiza a XVII edición da súa carreira popular o xoves 8 de decembro a partir das 11:30.
Poderán participar atletas federados e non federados; haberá unha soa clasificación conxunta. O control técnico das carreiras estará a cargo do Comité Galego de Xuices (Federación Galega de Atletismo).
A SAIDA DE TODAS AS PROBAS REALIZARASE DESDE  A PRAZA DO COCHE DE PEDRA (PONTECESURES)
INSCRICIONS: ata o luns 5 de decembro ás 22 horas. Non se admitirán inscricións fóra do prazo establecido nin se admitirán inscricións o día da proba.
DORSAIS: A entrega de dorsais terá como tempo límite 30 minutos antes de cada proba e realizarase no Centro Social de Pontecesures  [no día da proba de 9.00 a 11.15 horas], a carón da saída das probas. Os dorsais colocaranse nun lugar visible na parte anterior do corpo, preferentemente na zona do peito, respectándose a publicidade existente neles. Na proba absoluta os atletas correrán cun chip que irá situado na parte traseira do dorsal.
SERVIZOS: Haberá servizo de duchas no Pavillón Polideportivo Municipal de Pontecesures.
PREMIOS E AGASALLOS
  • Camiseta para os 200 PRIMEIROS atletas chegados a meta na proba absoluta. Repartiranse tamén camisetas de regalo para os atletas das categorías escolares.
  • Trofeos ós 3 primeiros/as clasificados/as da xeral (4 km aprox.) (premios NON acumulativos).
  • Medallas ós/ás 3 primeiros/as de cada categoría establecida no regulamento da proba, agás na categoría pitufo onde non haberá clasificación (entregarase medalla a todos os participantes).
  • Trofeo o/a participante máis veterano/a que logre concluir a proba.

INSCRICIÃ?N NA PROBA.

REGULAMENTO DA PROBA.


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.