O BNG de Pontecesures critica a postura do goberno municipal sobre a RPT.

Publicado por Redacción en

Unha das preguntas que o BNG formulou no pleno do pasado luns, cobra hoxe máis actualidade que nunca: ¿en qué fase de elaboración atópase a RPT dos traballadores do Concello?
As respostas do señor Seage foron, como tende a ser habitual, evasivas. Ante a insistencia das nosas concellerias, respondeu que a RPT atopábase «en fase de recollida de datos (sic)»; que sería unha elaboración «a lume lento» xa que o alcalde entende que «o pucheiro non se queima». Ante a pregunta do BNG de se habería unha subida xeneralizada para TODOS OS TRABALLADORES, Seage respondeu que non; él e o seu equipo de goberno entenden que non todos os traballadores precisan subida salarial e tildou a RPT elaborada polo equipo de goberno anterior (aprobada na mesa de negociación) de «delirio (sic)». � curioso que o alcalde cobre 1,200 euros por cinco horas de traballo e considere que os traballadores municipais non merecen unha subida salarial, cando hai soldos que rozan o esperpento
A recollida de datos debeu rematar ó finalizar o pleno xa que, o martes, o alcalde reúnese cos traballadores para propoñerlle unha nova RPT só para os funcionarios e o persoal fixo do concello, 8 persoas en total, excluindo ás 18 persoas restantes que realizan as súas funcións nas instalacións municipais
Os traballadores municipais síntense enganados e utilizados. Non é para menos; lembremos que o abandono de TEGA do anterior equipo de goberno foi achacada por Cordo e Janeiro á falta de coñecemento da RPT, dando a entender Cordo no pleno no que se pretendía aprobar dita RPT que votaba en contra por non ter tempo para estudala a fondo; a mesma postura foi defendida polo resto de integrantes do actual equipo de goberno. Agora queda claro que non era máis que unha excusa para non votar a favor, pretendendo elaborar unha relación de postos de traballo excluinte e que deixa no aire a posibilidade de privatizar determinados servizos. Somos conscientes de a que leva esto: precariedade e perda de calidade de vida, políticas de sobra coñecidas polo PP e acólitos, polos señores Seage, Cordo, Castro e compañía.
Os traballadores do Concello contan co apoio do BNG de Pontecesures en futuras mobilizacións e nas accións de protesta que decidan levar a cabo.


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.