O alcalde matiza as afirmacións nacionalistas sobre os circos.

Publicado por Redacción en

«non sin antes o señor Seage dar o seu particular punto de vista sobre este tema….»

Pois ahí vai o particular punto de vista do Sr. Seage sobre o asunto:

» A moción que vostedes traen a este Pleno fala moito de prohibición e pouco de lexislación. Focaliza o maltrato no sector do circo con animais, unha actividade que recordemos que é legal, tanto como o poden ser os saltos de hípica ou as granxas escola…, pero vostedes estigmatizan e criminalizan ó sector do circo ó extender a todo o colectivo situacións de maltrato nos que algúns membros de este colectivo poidan ter incurrido.

O Parlamento Europeo a través dunha resolución aprobada o 13 de outubro de 2005 insta ós países membros a que introduzan medidas concretas para lograr o recoñecemento do circo, incluída a presentación de animais, como elemento da cultura de Europa.

No ano 2011 nace o primeiro Plan Xeral do Circo, que si o tiveran lido vostedes e tiveran interés en analizar o sector en vez de criminalizalo,, en este Plan o sector do circo con animais comprometeuse ó cumplimento dos requisitos para a instalación dos circos, prestando atención ó cumplimento da normativa para o benestar e a saúde física e psíquica dos animais.

Non é incompatible a protección animal e o repudio ó maltrato animal tanto no circo como en calquer outro espacio co exercicio de actividades nas que participan ou se conviva con animais, e máis cando de estas actividades dependen os postos de traballo de multitude de persoas e familias….»

E ese foi o meu «particular punto de vista»….

Juan Manuel Vidal Seage

Categorías: Sin Categoria

0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.