Liorta entre o alcalde e o BNG polos libros da biblioteca e o labor do edil de Cultura.

Publicado por Redacción en

Expurgo..señoras concelleiras…..¡¡¡¡ Expurgo……¡¡¡

O espacio físico nunha biblioteca debe estar pensado dende un principio para dar cabida un número de libros que virá definido previamente tanto cuantitativa coma cualitativamente.

Case sempre o detonante para a realización do expurgo na biblioteca é o espazo…Cando debido a compra continua de novas publicacións se satura o espazo débese actuar de forma urxente eliminando as publicacións deterioradas, duplicadas, obsoletas, etc…

Todos estes materias expurgados danse de baixa no catálogo e dase conta á Xunta de Galicia os datos a 31 de decembro de cada ano.

O concelleiro de Cultura e máis eu confiamos na profesionalidade do personal ó frente da Biblioteca municipal de Pontecesures e no seu bo criterio á hora de facer este e vindeiros expurgos.

Tamén me manda o Concelleiro de cultura un enlace para que, chegado o caso amplíen información sobre este particular.

http://www.bibliopos.es/expurgo-metodo-crew/

Juan Manuel Vidal Seage

Non tardou moito a resposta do BNG:

Calma……señor alcalde…..¡¡¡¡ Calma !!!!! Xa vemos que sabe buscar no dicionario, moi ben, noraboa; debeu buscar nalgún dos que non remataron no lixo
Sabemos o que é un expurgo, tranquilo; vostede pensará que non cheguemos á súa talla intelectual pero bueno, non nos subestime.
Non teremos que subestimalo nós a vostede, non? Como, tanto a definición como o fin ou a xustificación do que é un expurgo xa a coñecíamos, cabe pensar que non entendeu ben a pregunta das nosas concelleiras no pleno do día 28, sobre todo tendo en conta que lle levou atopar unha ¿resposta? 8 días�..
Non se preocupe, nós repetímoslla as veces que faga falta: non preguntamos o que é un expurgo, preguntamos: ¿por qué remataron esos libros (incluindo dicionarios) no caldeiro do lixo? Pódense doar; idear algún sistema de troco co que darlle valor a lectura; regalalos�..
Nós tamén confiamos na profesionalidade do persoal ó frente da Biblioteca; en quen non podemos confiar moito é nun alcalde que non sabe dar unha resposta a por qué se tiran libros ou nunha concellería que, ademáis de carecer dun mínimo programa cultural, por non ter non ten nin un teléfono ou e-mail de contacto
(Por certo, explíquelle a algunha persoa á que todavía non lle quedou claro que esos libros non os deixou alí nengún veciño…)

cadilla-2

BNG Pontecesures


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.