Raimundo García Domínguez (Borobó)

Publicado por Antonio Cortés en

(1916-2003)
Profesión: Xornalista

Biografía: Estudou Filosofía e Letras na Universidade de Santiago de Compostela. Na Guerra Civil forma parte do Exército Republicano, cae prisioneiro no 39 e cumpre o servizo militar en Marrocos.

A partir do ano 1940, Raimundo García comeza a súa traxectoria xornalística e colabora cos xornais El Español, Madrid, La Estafeta Literaria e as revistas Fantasía e Finisterre. No ano 1946 edítase o xornal La Noche, no que Raimundo García ou máis ben Borobó, alcume co que se fixo coñecido, publica os seus famosos artigos chamados «Anacos». Neste xornal ocupou todos os cargos até chegar á súa dirección, cargo que tamén desenvolveu no xornal O Correo Galego e o Chan.
Posteriormente, marcha a Madrid facéndose cargo da subdirección do 3 E, o primeiro xornal económico. Por último, entra como redactor xefe de Archivos na Axencia Efe, onde permanece até a súa xubilación.

Colaborou ademais en La Vanguardia, ABC, Informaciones, Pueblo, El Pais, e Blanco y Negro, entre outros.

Recibe no ano 1996 a Medalla Castelao, outorgada pola Xunta de Galicia, e no seguinte ano, o Madrigallego de Ouro. Ademais foi recoñecido co premio de xornalismo Roberto Blanco Torres, co premio da Fundación Otero Pedrayo polo seu mérito na comunicación e no ano 2003 o Concello de Boiro noméao Fillo Adoptivo da vila.

Obras principais: Cómpre salientar os seus artigos «O novelo dos anacos» e «Anacos», as comedias Duce, Duce, ¿Quién mató al Meco?, Elección Parcial, Aura e El complejo de Polícrates e as narracións e guións de cine Xoán Porreás, Tina e La Piñeira.


1 comentario

Romano · 20-05-2006 a las 00:47

Cando hai tanta problemática coas festas, considero que Arturo «O Toupa» (q.e.p.d.) merece un recoñocemento polo seu labor nas distintas comisións que foi fundamental para que as festas do Carme acadasen un gran prestixio.

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.