O concello máis limpo de Arousa

Publicado por drzippie en

Segundo o INE, Pontecesures é o concello máis limpo da Arousa con só un 7% da súa poboación vivindo en rúas de escasa limpeza.

Esto contrasta con concellos coma o do Grove no que a porcentaxe e do 70,4%, lembremos que esta porcentaxe é a de poboación vivindo en rúas de escasa limpeza.

Outros datos de outros concellos da Arousa que aporta esta estatística do INE son:

- A Illa: 48%
- Vilagarcia: 38%
- Vilanova: 38%
- Catoira: 36%
- Meaño: 36%
- Cambados: 26%
- Meis: 20%
- Ribadumia: 18%
- Valga: 9,25%

Está moi ben ser os máis limpos, pero mellor estaríamos co 0%, si segundo o censo do 2003 hai 3.062 habitantes, temos que uns 214 cesureños non teñen a súa rúa coma sería de esperar … ¿ Alguén coñece algún de estes 214 veciños ou pensa que as cifras non se axustan á realidade ?

!! A polo 0% !!

2 comentarios

eumesmo · 16-03-2006 a las 23:54

Dende aqui o meu recoñecemento para «alvarito o barrendeiro de Porto». Cantas veces me retiro para casa as tantas da mañán a noite de sabado para o domingo e despois das 6 da mañan alí esta él o frio e a chuvia barrendo os efectos da «movida»… e aguantando bromas e a pesados ou borrachos.

Pontecesures » Depuradora virtual · 27-10-2005 a las 12:10

[…] Si fai uns días comentabamos que Pontecesures era o Concello máis limpo de Arousa, agora vemos que as rúas están limpas, pero non o que vai parar ó río Ulla. […]

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.