Control galego de Inverno 2006. Castrelo de Miño

Publicado por Carmen Barreiro en

Este domingo 26 de febreiro comezaron oficialmente as competicións para o Náutico Pontecesures ca disputa do Control Galego de Inverno. Esta primeira competición do ano celebrouse na localidade de Ribadavia para as categorías cadete, júnior e sénior. Asistiron a competición cinco palistas, tres dos cales pertencen a categoría cadete e dous a júnior, todos eles na modalidade de canoa. Os resultados máis destacables foron o 2º posto acadado por André Oliveira e o 6º posto acadado por Adrián Vicente en C-1 cadete na distancia de 5.000 metros. Esta medalla significa a primeira medalla na nova era do Náutico dentro das competicións denominadas de pista. Asemesmo os outros participantes tamén fixeron unha boa actuación.

* André Oliveira: 2º posto cadete
* Adrián Vicente: 6º posto cadete
* Cristián Barreiro: 19º posto cadete
* Marcos Pesado: 14º posto junior
* Carlos Castro: 18º posto junior
* Clasificación por clubes: 14º posto

Este vindeiro domingo 5 de marzo no mesmo lugar celebrarase o Campionato Galego de Inverno donde participarán ademais dos citados palistas Lorenzo Riveiro que causou baixa no Control. As maiores esperanzas irán albergadas en André para que poida repetir a actuación pasada e conseguir algún metal no Galego.

*JAVIER BOUZAS. Adestrador do Náutico Pontecesures*

 


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.