Botellón na estación

Publicado por Antonio Cortés en

*Escrito ó Subdelegado do Goberno*

[photopress:venta_estacion.jpg,thumb,pp_empty]Na noite do sábado ó domingo pasado volveuse a formar, coma sempre, un concurrido ??botellón? nos andenes da estación de ferrocarril de Pontecesures producíndose danos como de costume (nesta ocasión foron derrubados varios listóns da marquesina, foi apedreada unha luminaria deste elemento de protección para os usuarios do tren e foi arrancada unha papeleira do recinto).

Outra noite na que houbo unha concentración deste tipo foi danado a patadas o portal do garaxe situado na parte traseira do edificio situado na rúa Sagasta núm 10 (esta preto da estación) coa conseguinte denuncia interposta pola comunidade de veciños.
Por outra banda varios veciños dos edificios situados nas rúas Rosalía de Castro, Castelao e Estación protestan a miúdo diante deste concelleiro polos ruidos procedentes do ??botellón? dos andenes ferroviarios.

Polo exposto e como tantas outras veces, solicítase que se adoptan medidas para impedir estes feitos no futuro.

Despois de varias xestións realizadas, a Xefatura de Estacións de ADIF en León adxudicou a obra de arranxo da estación de Pontecesures por un importe duns 17.500 ? e nos vindeiros días colocaranse portas antivandálicas, limparanse e pintaranse as fachadas do edificio, pintarase a marquesina do andén segundo, eliminaranse os desperdicios da zona de carga, etc.. Agora ben; senón se adoptan medidas eficaces para defender o edificio e o seu entorno en pouco tempo teremos o mesmo problema para vergoña de tódolos cidadáns de Pontecesures, especialmente para os usuarios do ferrocarril, que teñen que soportar a espera para acceder ós vagóns nunhas instalacións impensables nos tempos que vivimos.

*Por Luis-Angel Sabariz Rolán*


3 comentarios

C.F. · 7-03-2006 a las 14:19

Como usuaria da estación ferroviaria quero agradecer ó señor Sabariz o seu interese neste asunto.
Creo que non estaría de mais que puxesen vixiancia os fins de semana e que os barrendeiros limpasen o lugar o domingo, porque o Luns está de pena, é unha vergoña para todos aqueles que collemos o tren pola mañá. Que aínda que casi todo o mundo no tren esté a durmir sempre hai quen ve o lamentable espectáculo que da a nosa estación.
Penso que xa sería moito pedir unha cafetería no lugar?????
gracias

Antonio Cortés · 17-03-2006 a las 00:23

Coido que será RENFE á que debe autorizar ou non a cafetería, pero vamos, partindo de que xa quitaron á taquilla e todala infraestructura vai ser complicado.

O que é realmente impresionante é o estado da estación, si cambiásemolo entorno parecería unha estación de trens de Bosnia (en tempo de guerra), algo que non podemos permitir.

geo · 17-07-2006 a las 15:06

A min tamen me parece lamentabel o estado no que deixan estes vandalos a estación, pero creo que por moita vixianza que poña o concello os botellóns segiranse realizando noutros lugares do noso pobo.

Deberiase pois, habilitar zoas onde se poidan realizalos botellóns, pedíndoye o DNI as persoas responsables del e se aparecen desperfectos na zoa obrigarlle a pagalos destrozos ocasionados.
GZ

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.