Monumento feiras do automóbil

Publicado por Antonio Cortés en

*Nota da Agrupación Cidadá de Pontecesures (ACP)*

[photopress:feira_do_automovil_de_ocasion.jpg,thumb,pp_empty]No día de hoxe solicitouse á Alcaldía o acondicionamento do monumento conmemorativo das «Feiras do Automóvil» celebradas en Pontecesures no século pasado e que esta situado na rúa San Lois preto do paso a nivel central da vila e coñecido polos vecinos como o «coche de pedra» que presenta na actualidade bastantes deficiencias. Así solicitouse que se realicen as seguintes actuacións no monumento:

# Colocación dun tramo da verxa de protección que falta hai tempo.
# Pintado da verxa na súa totalidade.
# Limpado da pedra da escultura.
# Colocación das letras de faltan na placa conmemorativa.
# Acondicionamento do xardin nos arredores do monumento.

Espérase que os traballos sexan realizados canto antes.

_Pontecesures, 6 de marzo de 2006_
*Luis Angel Sabariz Rolán – Voceiro de ACP*


2 comentarios

Martov · 7-03-2006 a las 15:38

Tamén habera que poñer vixilancia no «coche de pedra»? porque leva así toda a vida e naide se preocupou por limpalo ou arranxalo debido a que non creo que coste tanto manter ese monumento nun estado aceptabel. Aínda asi o muelle tamén está nun estado descoidado cunha fonte baleira e noxenta, uns xardíns que parecen selvas, a piscina que non hai máis que asomarse e un terreo de valga que aínda non sei moi ben o que fai alí. Sen esquecernos do muro de cemento que é impresionante o cheo de musgo que pode chegar a ter…Creo que esta moi ben denunciar e todo iso, publicalo e demais pero o único que se ven son notiñas de prensa sen ningunha efectividade.

PD: GRAZAS !!

Fernando · 15-03-2006 a las 01:57

E que no noso concello practicamos o de «Estamos a ilo» e «Para a semana esta feito» o que pasa e que os cicadáns temos constancia dos dias de 24h, pero para o goberno son cerca das 80h diarias e asi temos erros de cálculos…

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.