Rúa do Horreo en San Xulían

Publicado por Antonio Cortés en

*Escrito dirixido ó Alcalde*

Mediante o presente solicítase que ou ben nos orzamentos 2006 ou nas actuacións a realizar por outras administracións se inclúa a obra de acondicionamento e pavimentado da rúa do Hórreo no lugar de San Xulián que é un camiño que comunica a rúa do Coengo coa rúa do Pilar cuns 100 metros lineais de extensión. Este camiño só esta pavimentado na zona da intersección coa rúa do Pilar e ós veciños demandan o seu formigonado completo pois o firme actual está en moi malas condicións.

En varias ocasións foi solicitada esta actuación esperando que agora se poida levar a cabo ó tratarse dunha necesidade importante para os veciños de San Xulián.

Pontecesures, 10 de marzo de 2006

_Luis Angel Sabariz Rolán – Concelleiro de ACP de Pontecesures_


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.