A LAMPREA (Petromyzon marinus)

Publicado por Carmen Barreiro en

lampre50.jpgUn vestixio do pasado, a lamprea (lampreia, chupona, chupona de mar, sete buratos, lambepedras), ven sendo apreciada dende hai séculos como un dos mellores manxares que se poden catar. A lamprea (do latín _lambere_, ??lamber?), o _Petromyzon marinus_, é un peixe primitivo de aspecto serpentiforme que remonta os nosos ríos para desovar dende hai millóns de anos.

Ten o seu esqueleto cartilaxinoso e o corpo moi resbaladizo, sen escamas nin as. Carece de mandíbulas e a súa caraterística máis destacable é a presencia dunha ventosa bucal rodeada de 125 dentes córneos coa función de fixarse ás súas presas, sempre vivas, ás que lles quita o sangue do que se alimenta; ocasionalmente é carroñeira. Non resulta raro atopala fixada a muxos, tiburóns, salmóns, bacalaos e mamíferos mariños, de ahí que no Canadá so a pesquen para reducir a mortandade dos salmóns que van a desovar, exportándo as lampreas para España e Francia porque na outra beira do Atlántico non aprecian o valor culinario deste ciclóstomo.

*ALIMENTACI?N:*

Chupa a sangue de outros peixes. A boca destes animais é incríble: posee entre 120-130 lamelas labiais, así como numerosos dentes.

*HÁBITAT.*

Grandes ríos, ata os encoros. Dende logo, si poden, suben ata os regatos para desovar en augas puras , osixenadas e correntes.

*DATO DE INTERESE.*

As lampreas son os vertebrados máis primitivos e algúns científicos nona consideran peixes. Hai que pensar que o esqueleto é cartilaginoso, non ten mandíbulas, tampouco escamas nin aletas pares, as impares atópase pouco desenroladas. As branquias son diferentes as de outros peixes?etc.

Decir que a lamprea ten unha inxusta lenda negra, din , xa adianto que é totalmente falso, que os romanos tiñan fosos con lampreas onde botaban os esclavos vivos e logo as lampreas lles chupaban a sangue. Por suposto é unha mentira auténtica e imposible según os expertos. O que si podían ter os romanos era fosos con morenas, as morenas si teñen unha dentadura ben armada. As lampreas serían incapaces.

Decir finalmente que a lamprea, que perteñece a orden dos ciclóstomos (boca redonda) é un dos primeiros vertebrados que apareceron no planeta. O nome griego de Petromyzon e o latino de Lampreta ven a significar chupador de pedras, o cal, efectivamente, ten a súa razón xa que a lamprea fíxase as pedras ou rocas coa súa boca.

lamprea1.gif

 


1 comentario

Asegurándome de non perder » Blog Archive » marzo2007 · 10-12-2007 a las 18:47

[…] Onte houbo unha celebración familiar e houbo lamprea para comer. A lamprea é un becho raro que parece unha becha e que me gusta que non ten espiñas nin escamas. A lamprea vive do sangue doutros peixes e daí creouse a lenda de que os romanos lles botaban escravos ás lampreas para alimentalas. Isto contoumo miña sogra e non puiden evitar buscar esta noticia en internet: os romanos non botaban escravos ás lampreas senón ás morenas. […]

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.