Neira Vila lerá o pregón da XI Festa da Lamprea de Pontecesures

Publicado por Carmen Barreiro en

[photopress:cartel_festa_da_lamprea_ok_.jpg,full,centered]

O escritor *Xosé Neira Vilas* será este ano o pregoeiro da undécima edición da Festa da Lamprea de Pontecesures. O concello deu a coñecer xa o programa desta cita gastronómica que se celebrará o *26 de marzo* e que amplía a súa oferta lúdico-cultural.

O programa da Festa da Lamprea de Pontecesures arranca o 17 de marzo, cunha charla coloquio sobre a pesca da lamprea e a cultura marítima a cargo do presidente da agrupación de Valeiros e membros da Federación Galega pola Cultura Marítimo Fluvial.

O venres 24 de marzo ofrecerase unha proxección audiovisual de curtametraxes e estrearase o corto â??Falamosâ?? rodado durante o nadal na localidade. O domingo 26 é o día grande. A xornada iniciarase con teatro de rúa a cargo do actor Pepe Penabade, que representará na plazuela Rudesindo da Barrosa. A música este día virá da man do cuarteto tradicional Chouteira e de agrupacións folclóricas de Pontecesures.

Para a lectura do pregón, o concello volveu apostar por unha persoa vinculada ás letras. Nesta undécima edición convidouse ó autor de Memorias dun neno labrego e membro da Real Academia Galega Xosé Neira Vilas. Como sempre, antes da comida oficial, as autoridades visitarán as cociñas onde se prepara a lamprea á bordalesa na praza da lonxa.

A carpa da degustación instalarase como tódolos anos no peirao e o prezo da ración será de 12 euros. Por este prezo, os comensais degustarán varios cachos de lamprea acompañados de arroz con picatostes e terán como agasallo o correspondente plato conmemorativo. A organización encargará 300 lampreas que darán para unhas mil racións. � igual que noutros anos, instalarase un acuario na carpa onde se poderán contemplar lampreas vivas


2 comentarios

Luis Angel Sabariz Rolán · 24-03-2006 a las 23:49

Felicito a Carmen Barreiro polo interese que amosa en divulgar a XI edición da Festa da Lamprea.

Manuel Certal de Arbo · 26-03-2006 a las 21:16

Felicitacións para os organizadores da festa: a lamprea estaba moi boa, ainda que: «sen que ninguén se ofenda, prefiro a de Arbo».
Felicítovos tamén por invitar como pregoeiro a Xosé Neira Vilas. Estaría moi interesante que puxerades nesta páxina web o pregón completo deste gran escritor.
Recórdovos que o dia 21, 22 e 23 de abril celebraremos a 46 edición da festa da lamprea na vila de Arbo; e de paso visitar as fermosas «pesqueiras» ó longo do noso rio Miño.
Longa vida a tódolos rios, NON �S ENCOROS.
Saúdos dende Arbo.

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.