Nota da ACP sobre verquidos de gasoil o río Ulla

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

NOTA DA AGRUPACI?N CIDADÁ DE PONTECESURES (ACP)

Ante os verquidos de combustible ó río Ulla no día de onte no peirao de Pontecesures procedentes do alcantarillado que vai directo sen depurar ó río queremos comunicar á cidadanía o seguinte:

1-Temos datos de que o alcalde foi avisado por persoal da Consellería de Medio Ambiente a primeira hora do sábado 25 do asunto dos verquidos para que persoal do concello colaborara en averiguar qué empresa ou particular era o responsable. Increíblemente a primeira autoridade local desentendouse do tema afirmando que tratarían de localizalo o luns (por mañá). En lugar de dar as ordes para localizar ós responsables mírase para outro lado cunha desidia denunciable.
2-Pola nosa conta continuamos investigando o tema xa que nos derradeiros día varios veciños do Camiño de San Xulián e da rúa San Lois comentaban que nos seus aseos e na propia rúa había un forte cheiro a gasoil.
Con gran sorpresa tivemos coñecemento de que hai indicios moi fundamentados de que hai unha fuga de gasoil na vella caldeira da propia Casa do Concello (verquido totalmente involuntario pois non se utiliza hai máis de 25 anos pero posiblemente a caldeira conserve combustible).
3-Avisamos da circunstancia ó persoal de Medio Ambiente (aínda hoxe a primeira hora hai verquidos da gasoil ó río) e xa hoxe domingo traballadores do concello están a realizar tarefas para eliminar o gasoil da caldeira que vai ó alcantarillado na parte traseira da Casa do Concello.

 
4-Tamén coñecemos que o Alcalde xa fora informado destes indicios de fuga na caldeira con anterioridade á sábado 25 e así ese día ocultou ó persoal de Medio Ambiente esta circunstancia e non ordeou actuación algunha.
5-O sucedido é gravísimo e demostra que o interese do alcalde e do grupo municipal do BNG por defender a calidade das augas do río e nulo e nulo por completo. Persoal autonómico compjrobando se o verquido procedía de empresas ou particulares e o alcalde, sabendo que podía haber responsabilidade do propio concello permaneceu calado.
Dende logo solicitamos unha aclaración pública ó alcalde pola súa grave responsabilidade. Resulta descorazonador que o máximo representante dos veciños de Pontecesures actúe desta maneira.
6-Independentemente do sucedido a depuradora de residuais debe ser posta en funcionamento polo concello canto antes. Este grupo tamén fixo xestións para que Augas de Galicia asumise o custo de mentemento. Se isto non é posible as discusións que ten agora o alcalde coas autoridades de Medio Ambiente non conducen a nada, O río Ulla non pode esperar máis mentres se discute qué administración se fai cargo do mantemento da EDAR.
7-Facemos un chamamento ó alcalde e a tódolos grupos para que nos reunamos urxentemente co fin de poñer en marcha a EDAR. Neste tema ofrecemos man tendida para consensuar aspectos do saneamento (prego de condicións do concurso, prazos tendo en conta de que é moi posible que no futuro a Xunta asuma asuma as depuradoras co canon de saneamento unha vez que chegue o acordo coa FEGAMP sobre este teman separativos, saneamento integral, etc..). Os protagonismos e as liortas non conducen a nada. As augas do río Ulla e da ría de Arousa non poden esperar máis e dende o concello non podemos acusar a ninguén de contaminar mentres non poñamos solución os nos verquidos.

Pontecesures, 26 de marzo de 2006

Luis-Angel Sabariz Rolán
Concelleiro da ACP Pontecesures


1 comentario

Romano · 27-03-2006 a las 22:57

Sabariz actúa coma o inspector «Gadget», aparece por sorpresa e, sen querer, sempre descobre os «malhechores».

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.