V Copa de España de promoción en Palma de Mallorca

Publicado por Carmen Barreiro en

Este fin de semá pasado acudimos a primeira regata da copa de España de promoción que se celebrou na localidade de Alcúdia en Mallorca. A expedición do Nautico estivo formada por José González como delegado, Javier Bouzas o adestrador e seis palistas das categorías infantil A e B.

caixas-baleares-clube-nauti.jpgPartimos o xoves pola tarde e viaxamos xunto os integrantes do club As Torres de Catoira en autobús. Por diante esperabanos horas de camiño ata a chegada a Barcelona que se produxo o venres pola maña. Finalmente desde Barcelona collemos un ferry que nos levou ata a illa de Palma de Mallorca.

Unha vez in situ todos os clubes estivemos aloxados nun complexo hostaleiro e turistico de grandes proporcions e magnifico. A organización desta regata puxo o listón moi alto xa que non se lles escapou ningún detalle para facer cómoda a estancia de todas as persoas ali albergadas. O mencionado hotel, o comedor, o campo de regatas, os regalos, a zona de masaxes, a zona de xogos,  a parrillada fin de regata,� fixeron que por un momento se nos olvidase o agotador que foi a viaxe.

A competición desenvolveuse o sábado pola tarde no lago Esperanza situado en Alcúdia. Cumpre resaltar que é a primeira regata da tempada e a intención do Nautico Pontecesures era polo menos facer algún podium, desta vez non puido ser é a sensación foi de non cumplir os obxectivos marcados.

Os resultados acadados foron os seguintes:
* INFANTIL B K1: Samuel Vázquez: 15º posto de 106 palistas
* INFANTIL B K1: Ismael Llerena: 76º posto de 106 palistas
* INFANTIL A C1 DIESTRO: Alvaro Loureiro: 5º posto
* INFANTIL A C1 ZURDO: Javier Bernal: 8º posto
* INFANTIL A C1 ZURDO: Iván Pesado: 15º posto
* INFANTIL A K1: Alex Gonzalez: 117º posto de 139 palistas

CLASIFICACI�N POR CLUBS: 27º posto de 68 clubs

A volta iniciamola o domingo a primeira hora da maña facendo o mesmo itinerario chegando a Pontecesures o luns o amencer. Para todos foi unha experiencia nova, divertida e agradable o acudir a unha competición nun lugar como Palma, pola beleza do lugar, polas experiencias do viaxe, pola competición en sí,�

Javier Bouzas- Adestrador do Nautico Pontecesures


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.