Entrevista «20 años aniversario C.B. Pontecesures»

Publicado por Refoxo en

Ai vinte anos que o Club Baloncesto Cesures saltou por vez primeira á cancha, coas fichas da federación baixo o brazo. Aquel soño, que puxeron en marcha os profesores Manolo Amenedo e José Ramón Pato, a monitora Fernanda Cuenca e Pedro, o preparador físico, é hoxe unha realidade con seis equipos en competición e corenta empresas que os respaldan.

Este sábado, aqueles pioneiros receben unha merecida homenaxe no pavillón cesureño. José Rodríguez Fructuoso, Fruqui , é a alma mater deste club.

-Hoxe é tesoureiro, pero antes…

p(sangrado). -Ben, eu non xogaba na primeira tempada, a do 85-86, pero si colaboraba co equipo. Despois fun xogador, adestrador, sígoo sendo, do equipo veterano, e ata presidente.

-¿Como foi aquela primeira tempada?

p(sangrado). -A historia vén dos principios dos oitenta. En Padrón había un club e, aló polo 83, un grupo de rapaces de Pontecesures foi xogar naquel equipo. No 85 desapareceu, e da unión daqueles chavales e doutro grupo, que aquí xogaba na liga escolar con Fernanda, xurdiu o Club Baloncesto Cesures.

-Oia, na foto daquel ano teñen unhas camisetas moi longas para ao básket…

p(sangrado). -� que empezamos xogando cunhas camisetas de fubito que patrocinaba o bar Muelle. Non tivemos camisetas de baloncesto ata o ano seguinte; déunolas a librería Sar, de Padrón. Extrugasa mercounos os primeiros chándales, tamén na segunda tempada. A filla de Andrés Quintá é do noso tempo, e non paramos de darlle a lata ata que o conseguimos. A ferretería Hermanos Castro mercara os uniformes daquel equipo da liga escolar. Foron os primeiros que nos axudaron, ademais de Vimasa, logo do exilio.

-¿Como que o exilio?

p(sangrado). -Si, a Padrón, no 91. O alcalde prometera axuda pouco antes das eleccións. Nós precisabámola para dar o salto á liga autonómica. El, Piñeiro Ares, gañou as eleccións, pero nada de nada. Tivemos que decidir entre desaparecer ou aceptar unha oferta de Padrón. Logo, no 95, voltamos con Trenco.

-¿Xogará vostede o sábado?

p(sangrado). -Eeee, iso é un misterio aínda.


2 comentarios

Chaves · 6-04-2006 a las 21:46

Estuven buscando pola edición dixital de La Voz de Galicia (atopei esto), para ver si encontraba a foto de fruqui e pegala por aqui… pero na noticia non sae foto ningunha…

Ã? unha pena. A foto era ben bonita. Ademáis, se a fruqui non lle gustaba, sempre podía alegar que «llevaba dos copas…»

Non sei vos, pero eu xa estou deseando que chegue o sábado… aínda que me vaia tocar pringar coa cámara,jejeje

Chaves · 6-04-2006 a las 21:50

Pido perdón. Onde pon «(atopei esto)», iba un enlace ó artículo. Non o vou poñer, xa que só é a transcripcióndo que podemos ver ahí arriba.

Para a próxima, revisarei as cousas dúas veces antes de darlle a «enviar comentario», 😉

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.