Ã?xito da Festa do XX aniversario do basket en Pontecesures

Publicado por fru en

[photopress:IMG_9360web.jpg,full,centered]

Penso que non se pode calificar doutra forma o que pasou o sabado 8 en Pontecesures: xuntar ós fundadores do club de baloncesto e darlle unha homenaxe mais que merecida, aproveitando que xa se cumpriron ¡¡¡ 20 anos !!!, ver xuntos de novo a Fuxan, Prieto, Jorge, Bustelo, Carrillo, Miguel Refoxo, Angel Yelis, Melon, Chochis, etc, etc.. arredor de Fernanda, pedro, D. Manolo e D. José Ramón foi a mellor forma de decirlles GRACIAS, o mellor homenaxe, acordándonos que faltaron xente coma Felipe, Miguel Cochinke, Luis «Martelo»,  José «Panadero» Souto, e algún outro por ahí… Os 4 se levaron ademais unha bonita figura de cerámica que representa a uns xogadores loitando por un rebote… simbolo da unión que debe imperar neste deporte gracias ó seu nexo, que é a pelota naranxa (agora me saiu a «vena» das clases de Hª da Arte).

Tamén recibiron un agradecemento as primeiras empresas que colaboraran co basket:

Hnos. Castro Figueira, Bar Muelle, Librería Sar, Extrugasa e Vimasa, recollendo os representantes das empresas unha figura dun horreo gelego en cerámica.  

[photopress:100_3170web.jpg,full,centered]

Quero agradecer (e espero non olvidarme de ninguén) a colaboración de:

Concello de Pontecesures: pola compra das camisetas conmemorativas, e o apoio ó club.

Grupos folcloricos Xarandeira e Algueirada: Polas suas estupendas actuacións que serviron para animar a trade. 

Luis Sabariz e Antonio Pedrido: Por arbitrar a estos «cracks» do basket.

As cociñeiras das tortillas ricas ricas ricas (Ana Mari, Isabel e Rosa).

A Beni e Rosa polos seus «Caprichos» (elas entenderán),  

A todos os xogadores/as do Club Rio Ulla, que colaboraron no evento (creo que os homenaxeados quedaron «abraiados» polo pasillo que lle fixemos no medio da pista do pabellón).

A Elias e o seu axudante de Porto (Vidal). A megafonia impresionante.

A Chaves (grade) e a Trillolo por ese video que algún día será presentación mundial…

A «Pedrito» Piñeiro pola sua reportaxe de fotos e video-cutres 😉

� público por acudir a pasar a tarde connosco.

Pola miña parte nada mais que decir (diría tantas cousas)… tan só que este acto foi o mellor «triple no último segundo que podía anotar».


4 comentarios

Chaves · 13-04-2006 a las 03:19

Parece que lle comeu a lengua o gato a todo o mundo, jeje… En serio nadie ten nada que dicir?

Eu pola miña parte, solamente «de nada». Paseino moi ben, e en canto pilei un encuadre «decente», pousei a cámara e a disfrutar do partido… Así que, eso, de nada.

Por certo, grandioso ese triple in extremis, sí señor.

fru · 13-04-2006 a las 09:54

Quedou todo o mundo abraiado e sen palabras, anta o shock polo que se viveu no pabillón.
Xa teño gañas de ver ese video…
O triple saiu, foi a forma de decir GRACIAS 😉
(Que poético me queda eso)
O dito gracias pola tua colaboración.

marta · 17-04-2006 a las 18:02

bueno nn t tires da moto k o triple ese foi pura sorte!!eña xao!

fru · 17-04-2006 a las 23:30

marta, a sorte hai que buscala!!! Ou non ia ben tirado?
Se hubese tirado para atrás e de gancho creo que tería menos posibilidades pero, en fin, se ti dis que só foi sorte, pois eso! 😉

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.