Sabariz planteó no pedir la subvención hasta que exista consignación para el proyecto

Publicado por Carmen Barreiro en

*Luis Sábariz, concejal de ACP, presentó una enmienda a la moción de BNG e IP en la que insistía en que non hai consignación nos orzamentos para garantir a aportación municipal de 73.176 euros y tampoco hai seguridade de que a nave que vai ser sede do Obradoiro esté preparada para comezar a formación neste semestre .*

Recordó que el Gobierno local tiene previsto iniciar este año las obras de mejora del inmueble pero o proxecto técnico segue sen elaborarse y además é necesario modificar a instalación eléctrica da nave, que están en situación irregular. Ten a luz pirateada , dijo tajante.

Por ello aínda que o proxecto é moi interesante consideró precipitado y arriscado solicitar en este primer plazo la subvención. Propuso Sabariz aprobar el Taller de Empleo pero no pedir, por ahora, la ayuda de Traballo sino aguardar hasta que estén aprobados los presupuestos y tener seguridad de que la nave se acondiciorá. La enmienda se rechazó con el voto de calidad del alcalde.

El BNG considera que las ideas del edil de ACP no son más que excusas para bloquear a posta en marcha do proxecto y lamentó la actitude dos novos socios na oposición: Sabariz e o PP, que non aportaron argumentos sólidos para explicar a súa negativa . A esto añadió Álvarez Angueira que a enmenda é unha falacia y que a vostede en alusión a Sabariz xa o coñece todo o mundo. Anda predicando as súas verdades polas aldeas, bares e tabernas e en ocasións raiando a calumnia e a difación. A súa artimaña é intentar confundir á cidadanía e acórdase agora, na oposición, de facer as propostas que non foi capaz de sacar adiante nos seis anos que estivo no equipo de Goberno.

Sabariz Rolán le replicó que preocúpese vostede de lanzar as súas teses, que eu lanzarei as miñas e xa serán os veciños os que xulguen nas urnas quen ten a razón .

DIARIO DE AROUSA 12/04/2006


4 comentarios

Tomás Valiente · 12-04-2006 a las 15:21

? incrible o que cambia a xente. Sabariz estivo no goberno mentras se elaborou o asunto do obradoiro de emprego e ao parecer estivo de acordo en todo e agora fai todo o que pode e máis para que non vaia adiante e que se perda. Importalle máis que o Alcalde non teña ningún tipo de merito nesto a que cheguen millóns de pesestas para 45 familias do pobo, millón que ao fin e ao cabo revisten en todo o pobo, pois se benefician superemercados, bares, ferreterías e todo o comercio en xeral, e ainda máis importante, se forma a xente que está no paro para que teña algunha oportunidade de insertarse no mercado de traballo. E se buscan artimañas para que esto non vaia adiante. HAI QUE BOTARLLE MORRO, MOITO MORRO, E AINDA QUERER ANDAR COA CARA ALTA. O pobo debe ser coñecedor deste asunto e poñer a cada un no seu sitio.

Luis Angel Sabariz Rolán · 12-04-2006 a las 17:23

Xa vou tendo pistas sobre quen pode ser «Tomás Valiente» que sempre me falla o respecto pero sen dar a cara, por moi «Valiente» que se denomine. Lembrarei que no pleno de onte houbo un concelleiro nacionalista que utilizou o termo «artimañas» que non é moi usual. Pero curiosamante agora este internauta descoñecido utiliza sospeitosamente o mesmo termo. Esta moi claro de onde procede esta campaña.

Entrando no tema, apoio o obradoiro pero propuxen simplemente solicitalo no segundo plazo por que non hai ata agora consignación nos orzamentos 2006 (aínda non están elaborados polo grupo de goberno) para cubrir a aportación municipal e porque comezando un pouco máis tarde estaría a nave perfectamente arranxada. Se agora se concede a subvención hai que presentar o certificado dos orzamentos e arranxar a nave antes do 30 de xuño. Eu se isto non se pode facer en prazo para comezar o obradoiro nesa data e se perde a subvención non me sinto responsable do sucedido.

Expliquei con todo detalle o meu plantexamento no pleno e só quero decir agora o seguinte:

1-O alcalde fártase de dicir sempre que é moi dialogante e que promove sempre os valores da tolerancia, o respecto os demáis, a igualdade,etc. Neste asunto nin se presentou a falar conmigo, tivo que envíar dous concelleiros do seu grupo sen dar a cara. Esas frases feitas que tanto proclama son un puro teatro pois fai xusto todo o contrario con este concelleiro que está agora na oposición.

2-As decisións que pode tomar o alcalde sen contar co pleno son adoptadas sen consultar para nada coa oposición. Despois cando ten que levar un asunto ó pleno quere impoñer o seu criterio e que sexamos uns meros «concelleiros levantabrazos» (é a forma de votar nas sesións) para apoiar as súas propostas.

3-Resultaron impresentables as chamadas realizadas dende o concello e os bandos da alcaldía dirixidos a posibles beneficiarios do obradoiro para que asistisen ó pleno. Estas prácticas para presionar ós concelleiros son doutros tempos. Se esta e a democracia, a libertade e o pluralismo que defende o BNG en Pontecesures, apaga e vámonos.

Tomás Valiente · 13-04-2006 a las 13:18

Vai un pouco equivocado Sr. Sabariz. Eu non milito en ningún partido político. Sí lóxicamente teño as miñas ideas que tiran máis á esquerda que á dereita. Voulle dicir máis, mas últimasw eleccións locais confieie que a ACP tivera moita máis representación logo do traballo feito na lexislatura (eu e a miña familia). A pesar de todo son moi crítico con usted porque me decepcionou moito, primeiro permitindo a entrada no goberno de Maribel Castro en contra da opinión da súa xente e despois coa «ARTIMA?A» AINDA QUE HAXA DO BNG QUEN A USE de facer que o botaran fora e desfacer o feito. Por eso son crítico e se apunta a un foro de opinión a facer política, teña razón ou non, que na maioría das cousas non a a ten.Xa se pode dar conta que nin eu nin os meus voltarán a votalo.

Luis Angel Sabariz Rolán · 15-04-2006 a las 10:01

Tratas de despistar pero penso que xa coñezo a túa identidade segundo expliquei no comentario anterior. De tódolos xeitos xa informei dabondo das actuacións que fixen e estou moi animado para que a ACP teña moitos apoios nos vindeiros comicios locais.

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.