Nova victoria de André Oliveira a nivel nacional

Publicado por Club Náutico en

  O noso flamante deportista André Oliveira volveu a demostrar esta nova fin de semá que se atopa nun estado de gracia moi alto. Esta vez foi no embalse de Santa Cruz de Trasona en Asturias.

Alí nos desprazamos un bo grupo encabezado polos deportistas Marcos Pesado, Carlos Castro, André Oliveira, Adrián Vicente, eu como adestrador e os pais de algúns dos deportistas. A última hora sufrimos a baixa de Lorenzo Riveiro que non se puido desprazar tendo que anular a embarcación na que ía a formar parte xunto con Cristián Barreiro.

A saída iniciámola o venres pola maña chegando o noso destino pola tarde en donde efectuamos os respectivos adestramentos de cara a competición.

Esta foi a primeira das Copas de España que se van a disputar o longo da tempada, esta respectivamente foi na distancia dos 1000 metros. A competición iniciouse o sábado as 9 da maña ca disputa das contrarreloxos e das semifinais durante ó longo de todo o día.

Acadaron o pase a final A, André en C1 cadete, André e Adri en C2 cadete e o pase para a final B Adri en C1 cadete e Carlos e Marcos en C2 juvenil.

O domingo pola maña daban comezo a disputa das finais e a cousa non puido saír mellor. Adrián obtivo un 13º posto, e André cruzou a liña de meta en primeiro lugar por diante do grovense Jacobo Domínguez e do sevillano Miguel Ruiz. Pero esto non foi todo xa que formando parella Adrián e André conseguiron a medalla de prata en C-2 cadete por detrás dos catoirenses Miguel Salgado e Alberto Conde. Completaron a actuación Carlos e Marcos obtendo o 14º posto en C2 xuvenil.

Por clubs obtívose o posto 19, non está mal, xa que foron un total de 84 clubs e tivemos a baixa da embarcación formada por Loren e Cristián.

A disputa da próxima Copa será dentro dun mes en Muíños (Ourense) na distancia dos 500 metros. A esta proba intentaremos acudir con algunha categoría e modalidade máis a participar intentando mellorar os resultados acadados.

Na sección «fotografías»:/?pp_album=main&pp_cat=copa-de-espana-1000m podedes ver as fotos desta competición.

A seguinte cita a que acudirá o club será este vindeiro sábado en Portonovo ca disputa da 1ª das regatas de infantís en Galicia.

Un saúdo, Javier Bouzas, adestrador do Nautico


Club Náutico

Javier Bouzas-Adestrador do club náutico

2 comentarios

Carmen Barreiro · 24-04-2006 a las 16:54

Moitas felicidades a todos, estádelo a facer moi ben!

Luis Angel Sabariz Rolán · 25-04-2006 a las 14:56

Reitero a noraboa a tódolos piragüistas, adestradores e directivos do Club Náutico de Pontecesures.

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.