A Agrupación Cidadá de Pontecesures (ACP) denuncia o abandono que sofre a rúa Víctor García.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

Nunha parte considerabel da beirarrúa desta rúa hai gran cantidade de maleza procedente de leiras particulares que invade a zona de paso dos peóns. Prexudícase así o paso das persoas e transmítese una imaxe incribel de abandono pois é dificil atopar un municipio coas rúas centrais invadidas polas herbas ou polas silvas.

Os veciños da rúa queixánse polo abandono que sofren xa que tamén teñen que soportar, dende hai meses, un andamio e un cerre de bloques nas beirarrúas coas dúas obras completamente paralizadas. Estes obstáculos obrigan ós veciños a pasar pola estrada cos conseguintes riscos. Esta situación xa foi denunciada pola ACP hai días pero nin a alcaldía nin a concellería de urbanismo resolveron nada, amosando unha total inoperancia.

Solicítase públicamente á alcaldía que se den ordes para que as beirarrúas queden libres de maleza e de obstáculos pois a situación xa comeza a ser desesperante.

Luis Angel Sabariz Rolán. Concelleiro da ACP

Categorías: Concello

2 comentarios

Tuso · 15-05-2006 a las 14:27

Pois ademais diso:
Dende a última vez que se canalizou a rúa (e xa fai diso), onde non se mataron moito co remate das obras, quedou bastante terra e gravilla, que se acumula nos bordes da estrada, que non se da ido cas chuvias e que fai que os viandantes e veciños ó cruzar arrastren todo no calzado para dentro das casas e locais.

Ademais, dende que empezaron ca obra que está xusto ó lado do pub «La Noche», inutilizaron o caminiño que había alí para pasar da rúa principal ó muelle. Non era gran cousa, pero era bastante socorrido se non querías dar toda a volta a «mazán». Eso si, non sei de quen sería a titularidade dese camiño. Quero supoñer que cando a ocuparon sería porque podían facelo.

E últimamente, co motivo das obras nun edificio, dende fai uns días, a rúa que accede a Víctor García dende o muelle, a altura do clube nautico está continuamente ocupada por contenedores de escombros (ocupan todo un carril), sen ningunha sinalización nin advertencia. Pero o que me da mais medo é que deixan a maquina elevadora aparcada xusto na esquina da rúa principal, creo que xenera un perigo para o tráfico rodado, porque obríga a sair á metade do carril da rúa principal para poder ver. Son consciente de que mentras están a traballar non lles queda mais remedio, pero sobre todo pola tardiña, poderian deixar libre esa esquina, para facilitar a visibilidade. ¿Esto non debería de controlalo a policía local? Inda que a verdade, non é raro ver coches e furgonetas aparcados xusto nesa esquina, sen respetar distancias, e tampouco lles din nada (nin alí nin nas esquina do cruce para a estación do tren, nin nos demais cruces do pobo). Vendo que algúns toman Cesures como un circuito de carreiras, esperemos que non teñamos que lamentar alí ningún desgracia.

Saúdos.

Luis Angel Sabariz Rolán · 15-05-2006 a las 18:57

Efectivamente o firme da rúa Víctor García está en moi mal estado con baches e grava solta. Dende que en 2000 e 2001 Gas Galicia canalizou a tubaría do gas o asfalto quedou moi danado. A obra de pavimentado dende a vía do tren ata o antigo bar «A Marina» xa está incluída nun plan provincial e penso que se realizará en outono próximo con fresado previo para non elevar o nivel actual da estrada.
Sobre o camiño do que falas houbo unha sentenza no Xulgado de Caldas que afirma que ese terreo non é de titularidade municipal. A proposta da ACP, toda a corporación defendeu ese uso público, pero sen entrar agora en detalles discutibles que farían farragosa esta exposición, hai que respectar as decisións xudiciales.
Esperamos tamén que rematen pronto as obras de acondicionamento do edificio que falas e que está a provocar a utilización de maquinaria na calzada.
Non podemos esquencer dous problemas máis na rúa Víctor García:
1-O estado de abandono do baixo sen pechar que está perto de «La Noche». Leva anos en estado lanmentable. Cando estaba no goberno fixen xestión para localizar os propietarios pero ó parecer era dunha enmpresa xa disolta e con problemas xudiciais dos antigos socios.
2-O estado da casa onde se atopaba o muiño de Novo y Sierra. O teito está a piques de afundirse totalmente e transmite unha imaxe de abandono tremenda. Neste caso se falou cos propietarios pero non realizaron actuación algunha.

Con todo o máis tremendo na rúa Víctor García e soportar, cando hai vento sur, o polvillo de «FINSA».

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.