Festival «Operación Salou» no CPI Pontecesures.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

Organizado polo Colexio de Pontecesures, celébrase o vindeiro venres día 19 de maio ás 20,00 horas no ximnasio do Centro o festival coñecido como «Operación Salou» que ten como fin recadar fondos para a excursión de remate de curso dos neno/as de 4º da ESO que entre os días 11 ó 18 de xuño desprázanse á cidade catalana.

Hai en total 19 actuacións, individuais ou en grupo, de profesores e alumnos que amosarán as súas habilidades cantando, bailando e recitando, dirixidos polo profesor de francés Xabier Ron.

As entradas teñen un prezo de 3 � para os pais/nais e os alumnos de secundaria e de 2 � para os alumnos de infantil e primaria.

Fai un chamamento a cidadanía para que asista ó festival pois además de colaborar cunha boa causa, pode presenciar un espectáculo moi divertido.


5 comentarios

Tiroliro II · 16-05-2006 a las 20:34

Sería moi divertido que cantasen tamén ós políticos. Por exemplo Angueira podería cantar «Si yo tuviera una escoba» pois a súa intención e varrer a toda a oposición para facer o que lle dé a gana.

Romano · 17-05-2006 a las 01:19

Randulfe podería cantar aquela de Chiquetete «Volveré, volveré…»

Vaticanista · 19-05-2006 a las 16:32

Maribel Castro podíalle cantar ó alcalde: «Cerca de tí señor, quiero morar….»

Romano · 20-05-2006 a las 01:00

Gerpe cantaría a de Luis Aguilé: «Otro vaso de chevecha, anda chava, chuve chive…que che chube a la cabecha…»

Luis Angel Sabariz Rolán · 20-05-2006 a las 11:52

O festival estivo moi ben. Grazas ós profesores (en especial ó organizador do acto XABIER RON), ó conserxe Elías e a tódolos alumnos que participaron.

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.