As nenas infantís do Río Ulla perderon de 9 puntos no partido de ida da final da Copa Arousana

Publicado por fru en

*Foi un partido emocionante o celebrado onte mércores pola mañá en Pontecesures* , na ida da final de copa arousana. A máxima diferencia foron eses 9 puntos finais (31 – 40) para o equipo visitante o C.B. Xuventude de Cambados. O partido é deses nos que pasou de todo: emocion, apoio dende a grada, igualdade, ante un rival que partía coma claro favorito. As chicas do Extrugasa Rio Ulla creceronse e fixeron un dos seus mellores partidos coma deportistas, polo que, si este vindeiro sábado no partido de volta, repiten esa actuación, poden seguir dando suspense a esta final, e demostraron tamén que si perden, pero loitan e xogan, a sensación non é «derrota total» senón de que non poido ser…pero se intentou.

O Extrugasa Rio Ulla empezou moi ben o partido, domi̱ando 8 Р2 gracias a unha activa Catuxa e co apoio de Alba e Ana. Tam̩n foi clave no inicio a boa defensa sobre a base de cambados de Antia, e de Estefania.

No 2º cuarto, entrou unha mermada Lily por problemas de catarro, así como Jessica e Laura, e durante moitos minutos seguiron por diante, ata que entre problemas de faltas e cansancio, perdero uns balóns que aproveitaron as cambadesas para irse ó descanso gañando de 3.

Empezou a 2ª parte e parecía que Cambados ia coller diferencia no marcador, pero o Extrugasa remontou ata empatar a 28 quedando 4 minutos de partido. Clave as ganas da alevín Idoia que xogou moitos minutos na 2ª parte. A eliminacion de faltas de Anita, Catuxa, Antia e Alba, mais a sorte de meter unha tripla quedando uns segundos as de cambados puxo ese 31 – 40 final.


1 comentario

duas do club · 21-05-2006 a las 15:48

k bo partido fixeron as nosas infantiles!noraboa!cando xogedes a final intentade gañar e?veña m8 bks

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.